Páginas

27/3/17

Máis de 23.000 comentarios

Este blog de aula, nas súas distintas versións, está presente en Internet desde o ano 2008, hai xa moito tempo. Pasaron ministros, conselleiros e algunhas leis educativas, do que parece que non queda moito, pero os alumnos e as alumnas que aquí xogaron e imaxinaron aínda seguen entre nós:

  • no traballo escolar desenvolvido nos cinco blogs de Ismaíl;
  • en todas as historias que contaron meses blogs, e que tamén residen no sitio O dragón e o caldeiro máxico;
  • nos máis de 23.000 comentarios que deixaron mentres viviron no CEIP Isaac Díaz Pardo, o seu colexio.

Hoxe, nós acabamos de chegar aos 3.000 comentarios, que son moitísimos e ben o sabemos. Estamos felices e contentos por todo: polo esforzo e a participación dos nenos, pola colaboración das familias, por Ismaíl. Agora que moitos expertos falan da importancia das emocións na educación, el coñece iso desde hai anos, cando o descubriu en Malpica de Bergantiños, xunto ao mar de fóra...

21 comentarios:

  1. que traballo máis agotador¡ :D

    ResponderEliminar
  2. María-mami Ana28/3/17, 13:33

    Noraboa polos 3000!!!!!

    ResponderEliminar
  3. graciias, María!

    que guay,3.000 cmentarios!!

    ResponderEliminar
  4. Suso-Papá Dani Pena28/3/17, 16:33

    Qué grandes! Noraboa amigos.Imos polos 4.000

    ResponderEliminar
  5. Máis de 23.000 comentarios entre todos os blogs!!! Son moitísimos!!☺☺

    ResponderEliminar
  6. Grazas, María e Suso, porque din que os comentarios son o alimento dos bogs... :-)

    ResponderEliminar
  7. Loli (mamá Álex)28/3/17, 19:04

    Parabéns por tantos comentarios!!! Canto traballo detrás!!!. Estupendo o poder compartir a través deles tantas experiencias, opinións e sabiduría.

    ResponderEliminar
  8. Grazas, Loli, pola túa colaboración para todo isto sexa posible...
    😊😊😊

    ResponderEliminar
  9. Pilar- nai de Uxia28/3/17, 20:27

    Parabens por tantos comentarios, e tanto traballo e esforzo que hai detrás.Ánimo nen@s a polos 4000 comentarios, así teredes outra festa máis. 😄😁

    ResponderEliminar
  10. Agradecemos esas palabras, Pilar, porque as palabras bonitas tamén axudan no camino... ;-)

    ResponderEliminar
  11. Ana nai de Carmen28/3/17, 21:02

    Ola!!! Levo un montón de tempo sen entrar e me atopo agora cos 3.000 comentarios. Noraboa rapaces!!! Non sei se nos dará tempo, pero temos que chegar aos 5.000 antes de que acabedes o curso e marchedes para o instituto.

    Bicos para todos e todas. Para as nais/pais e, sobre todo, para Mario.

    ResponderEliminar
  12. Lola (hermana de Carmen)28/3/17, 21:04

    Ola, son Lola, a irmá de Carmen. Tamén quero felicitarvos por chegar aos 3.000 comentarios. Se me toca a mi Mario de profe seguro que o paso tan ben como vós e imos conseguir moitos comentarios no blog.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  13. Grazas a todas as nais que comentan.

    ResponderEliminar
  14. As nosas grazas para Ana e a súa filla Lola... As dúas palabras son o noso ánimo para seguir con forza.
    :-)

    ResponderEliminar
  15. Cantos comentarios

    ResponderEliminar
  16. Lola (hermana de Carmen)28/3/17, 21:43

    Grazas Mario!

    ResponderEliminar
  17. Moitas grazas Lola polo teu comentario.

    ResponderEliminar
  18. Andrea Vázquez29/3/17, 18:12

    Moitas grazas Lola .

    ResponderEliminar
  19. Luigiman1129/3/17, 18:31

    Si, cantos comentarios!!!

    ResponderEliminar