Páginas

3/4/17

Poesía na primavera

A primavera serviu sempre de inspiración para a poesía, como podes comprobar nestes fermosos haikus. Así que deberás ir ao enlace da nosa gramática poética para lembrar os diversos tipos de estrofas e poemas. Usa as túas propias ideas, por exemplo as palabras para Aurora, e constrúe os mellores versos para esta estación do ano. Se che resulta difícil ou as ideas non veñen, busca outro tema para as túas estrofas.

O espazo exterior, o Universo, está aí fóra. É inmenso, tan grande que non é doado de explicar. Hai estrelas, hai planetas e moitos obxectos astronómicos diferentes. Un fotógrafo, con centos de imaxes de Marte, elaborou un pequeno vídeo como se viaxara ata alí nunha nave espacial. Agora iso é imposible para os humanos, e non sabemos cando poderemos viaxar a ese planeta. Pero o seu vídeo semella unha poesía fotográfica. Talvez che sirva de inspiración para esta actividade…

8 comentarios:

  1. Ai que levalos con debuxos??

    ResponderEliminar
  2. En galego ou castela??

    ResponderEliminar
  3. Mario hay que tener o traballo poético en borrador ou xa en limpo?

    ResponderEliminar
  4. Xa... Digo o nome nun comentario ou na clase?☺

    ResponderEliminar
  5. Uxía, a min gústame o teu nome de scratch eh!! É moi curisoso!!

    ResponderEliminar
  6. Andrea Valeiro25/4/17, 9:29

    El video es muy bonito.Que pena que no hayamos acabado los versos todos.

    ResponderEliminar