29/11/15

O tesouro de Ismaíl

Unha vez, hai xa moitos anos, tomei prestadas unhas palabras do gran escritor Álvaro Cunqueiro. Estaban nun libro que aínda sigo a ler: Tesouros novos e vellos. Nunha das súas páxinas, ao falar dos contos e lendas de Galicia, o escritor dixo que talvez os seres máxicos non só garden tesouros escondidos. Pode que o tesouro que coiden sexa a nosa propia intelixencia, pois é a maior riqueza que posuímos como humanos e como mortais.

Por esa razón, creo que nesta fotografía non se ve realmente o tesouro que garda o noso Ismaíl. Pero é moi bonita…

O tesouro

23/11/15

Linguas, Mates, Naturais (5)

Continuamos, por suposto. Pero, como sabes, antes tes que investigar para responder sen ningún erro…

Lengua Castellana

Matemáticas: Operaciones con números decimales

Ciencias Naturais: sobre a Unidade 11 do libro de Coñecemento do Medio

18/11/15

A imaxinación e os blogs dos alumnos

Acabamos de saber que a familia medra e evoluciona, por dicilo dalgún modo. O caso é que cinco nenos e nenas da nosa aula xa teñen un blog propio, como auténticos exploradores de Internet. Desde aquí enviámoslles os nosos parabéns por esa iniciativa tan marabillosa. Agora teremos máis cousas para ler, é certo, pero tamén aumentará a nosa sabiduría.

Estes son os novos blogs, que desexan ser coñecidos en todo o mundo. Así que deberemos compartir o seu nome para que viaxen ata moi lonxe:

16/11/15

Je suis Paris

Seguramente oíches falar do terrible atentado ocorrido na capital de Francia o 13 de novembro, e que deixou un montón de mortos e feridos. Por iso escribín Je suis Paris no título deste post.

Ese día, uns homes cheos de odio acabaron coa vida de moitos inocentes. As vítimas estaban nun campo de fútbol, en prazas ou nas terrazas dos bares, ou asistindo a un concerto de rock. Parece que a eses homes non lles gusta a nosa forma de vida, nin a nosa cultura, nin os nosos costumes. E usaron toda a violencia para tratar de impoñer as súas propias ideas, sen ningún respecto cara os demais.

Pero en Francia cantan á liberdade, á igualdade e á fraternidade. Por iso, esa violencia e esa tolemia non teñen cabida alí nin tampouco aquí…

Andrea Vázquez (2015)

Preme para ver o noso vídeo!

15/11/15

Aula investigadora 1

Ismaíl ben o sabe: temos unha clase moi, moi exploradora. Deixamos unha idea no aire e aparecen de inmediato as investigacións voluntarias que pidamos. E non importa o tema, porque está claro que son capaces de investigar calquera cousa.

Os que máis investigaron nesta primeira fase foron: Dani Pereiro (3), Andrea Valeiro (1), Saúl (4), Lucas (5), Diego (1), Mateo (2), Andrea Vázquez (1), Unai (9), Dani Pena (1), Candela (2), Uxía (3), Álex (2), Antía (2), Lucía (3), Tomás (3), Estela (3), Ana (2), Ian (4) e Carla (2).

Estas foron algunhas das súas investigacións: o val do río Jerte, o lugar de Saidabad, as linguas árabes, Cesária Évora, Jules Verne, as esponxas, o Samaín, a mesquita-catedral de Córdoba, os mandalas, o escritor Xabier P. Docampo

Aula de 5º B 2015 on PhotoPeach

10/11/15

Os contos de Gianni Rodari

No libro de Lingua Galega apareceu un conto de Gianni Rodari, que forma parte dun dos seus grandes libros: Contos para xogar. Entón, a clase empezou a moverse. Por exemplo, Tomás buscou ese libro nunha das bibliotecas de Culleredo. Uxía lembrou que tiña unha historia dese autor na súa casa. Antía descubriu que a súa propia nai gardaba un libro enorme cun montón de contos de Rodari. E todo iso chegou á nosa aula. Así que había que facer algo…

Empezaremos un proxecto de lectura dixital, onde usaremos os nosos ordenadores para ler. Claro que ao redor das lecturas investigaremos un pouco para aprender e realizar tarefas máis completas. A primeira desas tarefas é a seguinte:

Ismaíl o lector

5/11/15

As cabazas

Estas cabazas asustaron moito, pois parecen moi terroríficas. Todo foi grazas a Saúl, Uxía, Diego, Antía, Dani Pereiro, Asíer e Ian. E tamén ás súas familias, claro. Os dous últimos non están na foto por causas persoais, e tampouco África, que nese momento andaba coa súa nova profesora. Pero haberá máis fotografías e vídeos, así que non hai que preocuparse…

Por certo, xa temos un fermoso cartel para o Magosto, e Ismaíl está encantado… Grazas da súa parte, Uxía! :-)

As cabazas de 5º B

Preme aquí ou na imaxe para vela máis grande.

4/11/15

Linguas, Mates (4)

Seguimos, veña, que aínda hai moito por facer. Como sempre, antes tes que investigar para responder sen demasiados erros…

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números decimales

I need some space é un espectacular vídeo que nos leva de viaxe polo Sistema Solar. Todo o que aparece foi creado por Shane Gehlert usando modelos en 3D y imaxes da NASA. Ademais, esta axencia espacial americana vai anunciar este xoves un importante descubrimento feito no planeta Marte. Así que haberá que investigar…