29/9/15

Uns dados para contar

Empezamos a experimentar cun xogo chamado Story Cubes. Está formado por 9 dados que conteñen 54 imaxes, que serven para crear millóns de historias. As instrucións son escasas, pero en realidade no se precisan porque o xogo é moi sinxelo: inventar un conto e despois contalo. Claro que nós tamén usamos as ideas do Caldeiro Máxico. Con eses dous elementos, os dados e o noso caldeiro, queremos facer visibles certas habilidades:

  • Organizar unha historia breve cun inicio, un desenvolvemento e un final.
  • Diferenciar os elementos importantes dos detalles máis secundarios.
  • Improvisar un borrador de escritura para unha narración oral convincente.
  • Memorizar, para non perderse, a historia e o seu contido.
  • Contar e falar para grupos de diversos tamaños.

Os primeiros en probar as súas capacidades foron Ana, Daniel Pereiro, Carla e Asier, que en grupo inventaron unha historia titulada A variña máxica. Se premes aquí, poderás lela enteira…

27/9/15

O dragón e o Caldeiro Máxico

Ao longo de varios anos, moitos nenos e nenas descubriron tantas historias de Ismaíl que resultou necesario un sitio para todas elas. Se exploras ese lugar, comprenderás por que se chama así.

De feito, din que hai un dragón que é o gardián de todos eses contos. E tamén hai un caldeiro máxico para imaxinar e inventar historias, que xa coñeces. O que ninguén aínda sabía, e tampouco eu, é que Andrea Valeiro Bergondo xa era unha boa exploradora. Por esa razón, a súa historia El tesoro del arcoíris hoxe está aquí. Ademais, colaboraron con ela os seus compañeiros Antía, Lucía, Asier e Luis. Entre todos organizaron a narración da seguinte historia, na que aparece o noso Ismaíl:

Érase una vez un pequeño enano guardián del arcoiris. Cuidaba de un gran cofre lleno de monedas y joyas valiosas. Todos los piratas del mundo lo buscaban, pero ninguno lograba encontrarlo.

El tesoro estaba muy bien escondido, y por eso nadie supo de él durante cientos de años. Y como ya dije, este tesoro era guardado por Ismaíl, un enano alegre y generoso…

[Ler máis]

O dragón e o Caldeiro Máxico

24/9/15

Penguin

Como xa contamos, un caldeiro máxico só é un artefacto para imaxinar historias. Con poucas indicacións do mestre ao principio, pero logo de ver como funcionaba o caldeiro, algúns foron capaces de inventar un conto, o primeiro deste curso.

Para que todos participaran dalgún xeito, formamos pequenos grupos cos autores desas historias. De maneira colaborativa, cada grupo de nenos asumiu o conto que lle correspondera e comezaron a facer esquemas narrativos sinxelos. Así pasou coa historia titulada Penguin, de Mateo García Caeiro. Por iso, na súa idea tamén participaron Carla, Candela, Érika e Daniel Pena.

Esta é a historia:

Un día en la Antártida un pingüino llamado Penguin fue a cazar peces. Después de comer se acostó en un trozo de hielo. Pero el trozo de hielo se rompió y Penguin no se enteró.

Unos días después el hielo se derritió, y Penguin saltó y se fue nadando hasta la tierra más cercana. El pensaba que estaba en la Antártida, aunque más tarde se dio cuenta de que no estaba allí. En realidad, se encontraba en Argentina…

[Ler máis]

No Caldeiro Máxico hai moitas ideas.

22/9/15

Antía e Pedriño Chosco

Paco, o avó de Antía, contoulle moitas historias á súa filla Tatiana cando era pequena. Neses contos sempre estaba Pedriño Chosco, un ser máxico da familia dos gnomos ou dos elfos ananos. Ou incluso dos trasnos, quen sabe. Agora, grazas á súa neta Antía, tanto Ismaíl como Pedriño Chosco por fin lograron reunirse na aula de 5º B do CEIP Isaac Díaz Pardo

Pedriño Chosco

Antía, Pedriño Chosco e Ismaíl

21/9/15

O viaxeiro interestelar

O próximo mes de marzo de 2016 o nome de Ismaíl viaxará ata o planeta Marte no interior da nave Orion. E ti, se queres, tamén podes facelo, pois tes ata o 30 de outubro para deixar o teu nome. A axencia espacial americana, a NASA, facilita que iso suceda neste enlace.

Realmente Ismaíl xa é un experto nesta clase de viaxes. O seu nome xa alcanzou a mesma Lúa, e un pouco despois viaxou ata máis alá do satélite da Terra. Así que esta será a terceira vez. Por iso é o noso viaxeiro interestelar…

Preme aquí para ver o billete moito máis grande.

17/9/15

O Caldeiro Máxico

O Caldeiro Máxico é un artefacto para inventar historias, e serve tanto para contar ou para escribir, para utilizar un papel ou para usar un ordenador ou unha tablet. Pero, como funciona realmente? Como podemos imaxinar historias semellantes ás dos antigos contos?

Queres explorar e coñecelo? Entón, preme aquí ou na imaxe para saber do funcionamento deste caldeiro novo.

O Caldeiro Máxico

16/9/15

Linguas, Mates, Naturais (1)

Empezamos coa primeira listaxe de tarefas dixitais do curso 2015/2016. Sempre terán algunha relación cos nosos libros, pero deberás aprender e investigar para responder sen erros…

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números naturales

Ciencias Naturais: sobre a Unidade 9 do libro.

A partir de obxectos e seres que se miden co metro, esta animación permite que fagamos unha viaxe ata os mundos microscópicos e tamén ata os lugares máis grandes do Universo. Preme aquí ou na imaxe, e move o cursor de esquerda a dereita.

La Escala del Universo

15/9/15

Imaxinar, aprender, xogar, vivir

En Culleredo, no CEIP Isaac Díaz Pardo, Ismaíl imaxinou un día o seu primeiro blog. Despois chegaron o segundo, o terceiro e tamén o cuarto. En todos eses sitios aprendeu moitas cousas. Pero todos os amigos que participaban neses blogs medraron e por iso marcharon para o instituto.

Así que non quedou outro remedio que abrir un novo blog para estar en Internet: Escola de Ismaíl (5). Desa maneira, Ismaíl poderá coñecer á nova xente deste quinto curso, para seguir a imaxinar e a aprender, para continuar a xogar e a vivir.

Ademais, acaba de saber que o cofre do seu tesouro máxico nunca quedará baleiro. Estas nenas e estes nenos xa empezaron a colaborar con el…

Ola, chámome Ismaíl!