26/2/16

A reprodución dos animais

A reprodución dos animais é o novo tema de Ciencias Naturais. Así que empezamos, que hai moito que aprender.

Actividade de investigación: Aquí tes un vídeo sobre a maior barreira de arrecifes que hai no mundo. Será o novo traballo CSI, pero antes deberás buscar o significado da palabra arrecife, e tamén onde se atopan os que ven neste documental. Así que atende ás indicacións que daremos. Mentres, pásao ben coas historias da película… Preme aquí!

23/2/16

Saúl e o embarazo

Agora é Saúl quen nos presenta o seu traballo, que está relacionado cun dos temas de Ciencias Naturais: A reprodución humana. Así que xa son tres os valentes que están a investigar utilizando dunha maneira especial os novos medios

21/2/16

O proxecto Bocata

Como xa dixen o venres pasado, preséntase unha nova edición dun proxecto moi querido por Ismaíl. Agardamos que coa súa axuda, Fahrenheit resulte vencido polo poder dos bocatas de lectura. Porque non debe haber ningún monstro que sexa capaz de apartarnos da marabilla dos libros.

15/2/16

Linguas, Mates (8 e tamén 7)

Hai que seguir, que non acabamos. Pero antes terás que investigar para responder sen erros. Por certo, acabo de descubrir que non houbo no blog nada para a Unidade 7 e ninguén avisou. Como andamos! Debe ser o efecto do Entroido…

Lengua Castellana

Matemáticas

A partir de obxectos e seres que se miden co metro, esta animación permite que fagamos unha viaxe ata os mundos microscópicos e tamén ata os lugares máis grandes do Universo. Preme aquí, e despois move o cursor de esquerda a dereita para explorar.

14/2/16

Uxía e as etapas da vida

Uxía é unha valente, como Tomás, e por iso atreveuse cunha nova presentación. Nesta ocasión, aproveita para o seu traballo o que estamos a saber da reprodución humana…

3/2/16

Tomás e a mitoloxía grega

Tomás sabe de ordenadores e informática, e por iso foi o primeiro en facer unha presentación. Como estamos a falar de Dafne e de Apolo, e en xeral da mitoloxía, investigou sobre os mitos gregos e realizou este gran traballo. Esperemos que non sexa o último…

2/2/16

O porquiño vietnamita

As mascotas son algo moi especial. E os porquiños vietnamitas resultan especialmente queridos… Será o seu pequeno tamaño? Talvez son os seus olliños os que chaman tanto a atención? En calquera caso, este tipo de porcos ananos aparecen nos comentarios da aula, incluso nos problemas de cálculo mental, e agora tamén na nosa fábrica de construír contos: o Caldeiro Máxico.

Aquí tes unha fotografía dun porquiño de Vietnam, que deberá servir para descubrir a súa historia. Segue as instrucións que se darán e adiante con moito ánimo… A escribir e a contar!