30/10/15

Feliz Samaín desde a illa

Parece que chega o Samaín, que outros chaman Halloween, pero os nosos pequenos artistas seguen ben atentos. Como Antía e Tomás, que hoxe presentan algunhas das súas obras. Por certo, mira que vai pasar preto da Terra estes días…

Feliz Samaín, de Tomás

Isla de Antía

29/10/15

Os xogos da escola

Se te fixas ben, na barra lateral do blog, situada á dereita, hai unha lista de enlaces que se chama Os proxectos. Entre eles están os xogos que van aparecendo por aquí. Por exemplo, se premes nel terás a man todos os xogos: de mecanografía, para xogar no outono e tamén os da NASA, a axencia espacial americana.

Ademais, con este post empezamos unha nova serie de vídeos e películas interesantes. O primeiro é protagonizado por un rapaz extraordinario e moi gracioso…

27/10/15

Aula investigadora

É curioso, pero Ismaíl sempre está en escolas nas que se investiga moito. E esta aula, a actual, resulta que ten nenos e nenas aos que lles gusta a investigación e a exploración. O mellor é que son capaces de aprender calquera cousa. Así que se queres saber un pouco máis de todo isto, preme non puntos que se indican na imaxe e explora ti tamén…

Ah, como non fixemos a listaxe dos primeiros investigadores, non aparecen no post. Deixa un comentario co teu nome e o título do teu traballo.

23/10/15

Lección 1 de mecanografía

Ismaíl sabe que agora non só hai que escribir con lapis ou bolígrafo. Tamén hai que dominar o teclado do ordenador, da tableta ou do móbil. Así que non perdas o tempo e comeza a prepararte con este montón de probas. Claro que antes terás que explorar para saber…

  1. Defiende tu castillo
  2. Defiende tu nave
  3. Alphabetic Rain
  4. Letras aéreas
  5. Molinos
  6. Typing Asteroids Game
  7. Vedoque en apuros

21/10/15

A maxia de Ismaíl o diminuto

A lectura de Ismaíl o diminuto resultou case máxica. Por iso, tanto eles coma elas foron capaces de crear estes debuxos para esa pequena historia. Ás veces parece que acaban sabendo moitas cousas do seu mundo imaxinario, incluso detalles que nin eu mesmo coñecía. Por exemplo: a apariencia das casas de Saidabad, as Montañas Resplandecentes, o Deserto Escuro que lindaba coa aldea de Ismaíl, as hortiñas que cultivaban os diminutos, os animais que coidaban… Así que non escribo nada máis, disfrutade co traballo destes artistas!

19/10/15

Linguas, Mates, Naturais (3)

Veña, seguimos, que aínda hai moitas tarefas por facer. Pero, como sempre, antes tes que investigar para responder sen erros. Atrévete sen medos, eh!

Lengua Castellana

Matemáticas: División de números naturales

Ciencias Naturais: sobre a Unidade 10 do libro de Coñecemento do Medio.

Matemáticas con Mario 2

18/10/15

Un pasteliño para o domingo

Uxía, unha das nosas artistas dixitais, quere regalarnos este domingo unha sorpresa incrible: un pasteliño. Creo que debe estar moi rico pois ten unha pinta estupenda. Así que xa sabedes, agradecerllo a ela e comede con moderación, por se acaso…

O pasteliño, de Uxía Montero

15/10/15

A casa de Uxía

A pesar de que Uxía está un pouco enferma, non abandona e tamén quere ser unha boa artista dixital. Por esa razón, deseñou esta casa desde o seu ordenador. É tan bonita que case parece unha casiña de gnomos…

A casa, de Uxía Montero

14/10/15

Onde estarán estas montañas?

Os nosos pequenos artistas seguen adiante, explorando a creación dixital mediante o programa chamado MyPaint. Xa sabedes que está nos ordenadores de Abalar, pero se queres investigar na túa casa podes descargalo se premes neste enlace. Así fixo Antía para realizar está bonita paisaxe montañosa… Por certo, onde estarán?

As montañas, de Antía Martínez

13/10/15

Os pequenos artistas

A verdade é que en setembro deberiamos ter rematado un proxecto que se chama Dinosaurios e mandalas. Mentres agardamos que todos acaben, algúns empezaron a crear no mundo dixital. Por iso, os pequenos artistas como Tomás usaron un programa chamado MyPaint. Está nos ordenadores de Abalar, pero se queres podes descargalo na túa casa se premes neste enlace

Praia, de Tomás Mir (2015)

9/10/15

Os xogos son para o outono

Hai pouco que rematou o verán e xa estamos no outono. A pesar de que os días empezan a ser máis curtos, hai tempo para os xogos. Por exemplo, neste post tes un montón deles, pero debes ser ti quen descubra o que tes que facer… Non teñas medo, atrévete, explora e xoga!

Xogos de memoria e estratexia

Xogos de aventura e deportes

Orisinal Games

6/10/15

Quen é Fahrenheit?

Nun mundo imaxinario chamado Fahrenheit 451 estaba prohibido ler, aínda que moita xente facíao ás escondidas. Iso aquí non pasa, é certo, pero necesitamos lectores que salven a moitos libros para que desa maneira non se perdan as súas historias. Por iso precisamos de xente coma ti. Só hai un requisito indispensable: debes ter un bo nivel lector. Se non é así, o monstro da lectura, Fahrenheit, tentará atraparche…

Fahrenheit, o monstro da lectura

5/10/15

4/10/15

A porta dos contos

Despois de Penguin, El tesoro del arcoíris e Nico e Ismaíl, agora presentamos os dous últimos contos desta primeira fase do Caldeiro Máxico. Son estes:

  • Óscar e a broma do seu pai, de Carmen Porto Rodríguez e Alejandra Castro Neira. Ademais, tiveron a colaboración de Daniel Pereiro e Tomás.
  • El mapa del tesoro, de Ana García Barreiro. Contou coa participación de Estela, Unai, Diego e Nerea.

O Caldeiro Máxico, como xa explicamos, só é un artefacto para imaxinar e inventar historias. Está formado por diversos compoñentes ou ingredientes que irás coñecendo pouquiño a pouco. En realidade, o funcionamento deste caldeiro parécese ao dunha porta descoñecida: nunca se sabe o que haberá cando se abra. Por iso, temos ganas de descubrir que outras historias xurdirán ao abrir a porta dos contos do Caldeiro Máxico.

Alice in Wonderland, Rabbit (Andrea Clare)

1/10/15

Nico e Ismaíl

Ás veces, o mesmo Ismaíl sorpréndese polas historias que recuperan para el os seus amigos. Como dixemos, moitas delas están no sitio chamado O dragón e o Caldeiro Máxico, pero aínda teñen que aparecer moitas máis que xa están preparadas.

Como Ismaíl non é novo, que ten moitos anos, non sempre lembra as historias que lle traen. Sabe que son súas, por suposto, porque así din os seus autores e así debe ser. E iso pasa coa historia tan fermosa descuberta por Uxía Montero Torreiro, que se titula Nico e Ismaíl. Trátase dun conto ben longo, no que colaboraron os seus compañeiros Lucas, Saúl, Ian e Andrea Vázquez. Esta é a historia:

En un lugar muy lejano, en un pueblo de nombre Ovar, vivía un granjero llamado Anselmo. Era muy tirano con todas las personas y los animales que lo rodeaban.

Tenía un burro llamado Nico. Al burro lo hacía trabajar tanto que todas las noches parecía que iba a ser su última noche. Llegaba tan cansado que ni ganas de comer tenía, solo quería acostarse para descansar y poder dormir. Estaba tan delgado que se le notaba todo el esqueleto…

[Ler máis]

Ola, ola!