29/5/16

En Culleredo con Uxía

Despois de visitar con Lucía a cidade da Coruña, Uxía quere levarnos da man para que coñezamos mellor o Concello de Culleredo. É onde está o noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo, que tamén é a casa de Ismaíl. Pero non sabemos se sempre será así, pois aos gnomos encántalles viaxar…

24/5/16

Con Lucía na Coruña

Lucía preparouse para ser a nosa guía turística pola cidade da Coruña, e con esta bonita investigación podemos comprobalo. Queres acompañala nesta presentación para saber que cousas descubriu?

22/5/16

Versos de Manuel María

Xa hai máis valentes que se atreven a recitar para o mundo, ademais de Estela, Ana e Uxía. Así que como remate final da celebración do Día das Letras Galegas, presentamos este novo vídeo con moitos versos do poeta Manuel María…

18/5/16

Linguas, Mates (13)

Hai que empezar contidos novos e novos temas. Ademais, a Ismaíl encántalle o número 13 e o profe sabe a razón… Por que será?

Lengua Castellana

Matemáticas

Tamén: Os cambios da materia

14/5/16

O arco da vella

Despois do post dedicado a Manuel María, na clase houbo ganas de facer algo polo Día das Letras Galegas. Pero só Ana, Estela e Uxía foron as valentes que prepararon unha sorpresa para todos. Quixeron recitar o poema de Manuel María titulado O arco da vella, e aquí está. Os nosos parabéns para elas.

10/5/16

Ao redor de Manuel María

Cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Manuel María, o autor de Os soños na gaiola, entre outras obras. Como sabes, estamos a preparar unha actividade para a nosa aula con algúns dos poemas dese libro. Os versos serán escollidos por cada quen, pero desde aquí queremos ofrecerche a nosa axuda, porque non hai libros para todos… Ah, lembra que tamén confiamos nas túas propias investigacións:

5/5/16

Tomás e Richard Hughes

Por se non o sabes, Tomás é todo un experto no mundo dos blogs, ademais de bo amigo de Ismaíl. Se premes aquí, poderás ver as investigacións persoais nas que anda metido. Seguro que che sorprenderán tanto coma a nós…