27/9/16

Uxía e Roald Dahl

Agora que se cumpren os 100 anos do nacemento do gran escritor Roald Dahl, Uxía preséntanos algúns detalles da súa vida e dos seus libros. Seguro que a súa intención é que coñezas mellor a súa obra para que leas algún dos contos que temos na nosa aula… Anímate!

24/9/16

Cal é o libro de Roald Dahl que máis che gusta?

Esta suxerencia foi de Nerea, pero agora xa forma parte do noso blog. A idea, en forma de pregunta, é moi sinxela: queremos saber cal é o libro de Roald Dahl que máis che gusta. Debes telo lido, ou cando menos que esteas agora léndoo. Así, talvez a túa opinión faga que outros lean ese libro que a ti tanto che gustou.

Escribe un comentario, pon o título da obra e conta os motivos que hai para valoralo tan ben…

Preme para ver os debuxos de Quentin Blake para Roald Dahl.

Repito unhas palabras do último post: non esquezas o gran traballo La magia de Roald Dahl, das bibliotecas escolares de Aragón. Precisamos das túas ideas para seguir adiante co noso proxecto.

14/9/16

100 anos de Roald Dahl

Xa sabes que pasaron 100 anos desde o nacemento de Roald Dahl, o autor de Matilda e Charlie e a fábrica de chocolate, entre outras fermosas historias. Están chegando á nosa aula algúns dos seus libros, pero seguramente non haberá libros para todos. Así que haberá que buscar en Internet, onde aínda quedan tesouros. Por exemplo:

Non esquezas o gran traballo La magia de Roald Dahl, das bibliotecas escolares de Aragón. Precisamos das túas ideas para preparar o noso proxecto.

12/9/16

A volta ao cole

Hoxe o colexio encheuse coas voces que marcharan en xuño. Porque hoxe empezou o novo curso 2016-2017. Os nenos e nenas que participan neste blog de aula xa son os maiores do noso patio, e por iso hai moitos ollos que miran para eles.

Este curso novo traerá moitas novidades. O primeiro día de clase comentamos algunhas. Por exemplo:

  • O día 13 de setembro celébrase o centenario do nacemento de Roald Dahl, un dos grandes escritores da literatura infantil e xuvenil. E os seus libros piden ser lidos para que a súa memoria non se perda. Aquí podes saber máis cousas
  • Ademais, cúmprense 37 anos da publicación dun libro titulado A historia interminable. Foi escrita por Michael Ende, outro gran escritor. Talvez chegue a película dese libro á nosa aula…
  • E por último, xa pasaron 20 anos desde a aparición de Ismaíl nun colexio de Malpica de Bergantiños. Así que temos que celebrar que aínda estea connosco. Aseguran que, ao igual que vos, sabe que un día terá que marchar…

Uxía, unha das nosas exploradoras, enviou un bonito debuxo que lucirá moi ben nesta primeira entrada do curso.