31/3/17

A despedida

Este venres foi moi especial. Aurora Fernández, a nosa profesora de Música, xubilouse despois de moitos anos de traballo. Ademais, na nosa aula tamén impartía as Ciencias Sociais e os Valores; así que imaxinaba, aprendía, xogaba e vivía moitas horas ao noso lado.

Sabemos que o luns, cando regresemos ao colexio, será un día diferente. Pero coas letras do seu nome poderemos formar palabras. Con esas palabras organizaremos marabillosas frases. E con esas frases construíremos unha parte dos nosos soños, como ela sempre ensinou.

Grazas, mestra, por todo este tempo de alegría…

28 comentarios:

Uxía dijo...

Moi bonita a foto!!☺☺
Botarémola moito de menos...😔😔

Nerea dijo...

E unha pena que se marche.
A queremos moito!!!

Aurora Fernández dijo...

O luns será diferente tamén para min.
Empezábamos xuntos a semana e con vós recargaba pilas.Sodes un montón de enerxías positivas en acción.Esas miradas cómplices e chispeantes cando nunha lectura colectiva eu interrumpía con comentarios e aclaracións que ás veces eran ben prolongadas(Aurora se está enrollando.....)Botareinas de menos!!!!
O voso grupo sempre tan dinámico e ilusionado por calqueira proposta fai que me reafirme no que teño moi claro:
Son e serei MESTRA porque me apaixona. .
Hoxe con calma e con moita emoción estou lendo as vosas mensaxes,.,xa están no meu corazón.
Lembrade:
Perseguindo soños...SEMPRE.
Superando novos retos...SEMPRE.
Buscando a felicidade...SEMPRE.
Eu estarei...

Aurora Fernández dijo...

O luns será diferente tamén para min.
Empezábamos xuntos a semana e con vós recargaba pilas.Sodes un montón de enerxías positivas en acción.Esas miradas cómplices e chispeantes cando nunha lectura colectiva eu interrumpía con comentarios e aclaracións que ás veces eran ben prolongadas(Aurora se está enrollando.....)Botareinas de menos!!!!
O voso grupo sempre tan dinámico e ilusionado por calqueira proposta fai que me reafirme no que teño moi claro:
Son e serei MESTRA porque me apaixona. .
Hoxe con calma e con moita emoción estou lendo as vosas mensaxes,.,xa están no meu corazón.
Lembrade:
Perseguindo soños...SEMPRE.
Superando novos retos...SEMPRE.
Buscando a felicidade...SEMPRE.
Eu estarei...

Aurora Fernández dijo...

O luns será diferente tamén para min.
Empezábamos xuntos a semana e con vós recargaba pilas.Sodes un montón de enerxías positivas en acción.Esas miradas cómplices e chispeantes cando nunha lectura colectiva eu interrumpía con comentarios e aclaracións que ás veces eran ben prolongadas(Aurora se está enrollando.....)Botareinas de menos!!!!
O voso grupo sempre tan dinámico e ilusionado por calqueira proposta fai que me reafirme no que teño moi claro:
Son e serei MESTRA porque me apaixona. .
Hoxe con calma e con moita emoción estou lendo as vosas mensaxes,.,xa están no meu corazón.
Lembrade:
Perseguindo soños...SEMPRE.
Superando novos retos...SEMPRE.
Buscando a felicidade...SEMPRE.

Unknown dijo...

Aurora, te echaremos de menos... los niños y los papás.
Ahora empiezas un nuevo capítulo de tu vida, disfrútalo!

Elias dijo...

cuidateeee Aurora!!!!!!

Familia-Dani Pena dijo...

Aaaai Auroriña¡¡¡ ...canto che imos a extrañar...
Vemos que e un "finde" entre baguas... e todas van por ti¡¡

Grazas...grazas e moitas grazas...¡¡¡
Formaches un pilar moi importante na estructura educativa dos nosos nenos, eso e algo impagable."Tes todo o noso recoñecemento e agradecemento xa... pa sempre".

O noso desexo.. coma o de todos.. e que teñas saude dabondo pra disfrutar moitos anos de esta nova etapa da tua vida...
Sen obrigas..nin cargas..ni mandrugos...ni berros ...nin..nin... nin.jejejejeje

A familia de Dani Pena
Apertas..bicos e moita sorte Aurora¡¡¡¡

Pilar- nai de Uxia dijo...

Moitas gracias AURORA por todo o que fixeches polos nosos fillos. O próximo luns vai ser diferente, estraño , falta unha gran MESTRA, unha gran persoa , alguen sempre positivo que lles ensinou os nosos nen@s cousas moi importantes na vida. Pero aparte de ageadecerlle todo o bo que fixo, agora temos todos que desexarlle que nesta nova etapa da súa vida sexa todo o feliz que se merece e é moitísimo...Tempo para disfrutarlo con saúde e coa súa familia. Nembergantes aquí tamen deixa unha "gran familia" que sempre se vai a lembrar dela.
Moita sorte nesta nova etapa da túa vida AURORA desexamosche a familia de Uxía Montero. Apertas e bicos.😚😚

Carmen dijo...

Aurora muchísimas gracias por darnos clase desde "PARRULOS" como dices tú!!!
Te queremos mogollón!!!
Te echare mucho de menos!

Tomás dijo...

Aurora, gracias a ti por todo e que sen ti nada seria igual. Non che vou esquecer na miña vida! Disfruta destes aniños xubilada jejej e ven a visitarnos ao cole que, como xa sabes, eres moi ben benvida. Porque fuches moi boa profe para min. Botarémosche de menos.😘😘

Unknown dijo...

Muchas gracias Aurora, por todo el cariño y comprensión que has tenido con nuestros hijos, una pena que no haya durado un poco más.... Disfruta de esta nueva etapa de la vida y sigue cumpliendo sueños. Muchos besos.
Isabel Glez. Rieiro

Mario Aller dijo...

É un verdadeiro pracer a lectura destes comentarios... Boa viaxe, Aurora!
😀!

Unknown dijo...

Te queremos Aurora¡¡¡¡¡¡¡ Nunca te olvidaremos. Gracias por todo lo que hiciste por nosotros.

Loli Y Jose (mamá y papá de Álex) dijo...

Que disfrutes moito nesta nova etapa da túa vida, que de seguro a de ser diferente e chea de grandes posibilidades para disfrutar do tempo doutro xeito. Grazas polo teu traballo cos nenos que, á vista está, deu os froitos desexados. Todos vante a botar de menos. No caso da nosa familia, ademais do cariño que todos te temos, compartimos un membro da familia que, sen nos sabelo, comezou a formar parte da túa días antes do anuncio da túa marcha. Roxi tamén fará que sempre te teñamos presente nos nosos pensamentos.
Feliz etapa. Que a disfrutes moito, que é ben merecida.
Moitos bicos.

Mariví dijo...

Adeus, miña querida Aurora!
Magnífica MESTRA, entrañable COMPAÑEIRA e queridísima AMIGA, a miña AMIGA da alma.
Moitos anos compartindo tantas e tantas vivenzas, sendo un pilar importantísimo nas nosas vidas. Agora marchas e déixasnos mergullados nun mar de bágoas. Mañá, sen ti, será un día diferente.
Sempre estarás nos nosos recordos e no noso corazón. Formas, desde hai moito, parte de nós.
Desfruta desta nova singladura que comenza xa para ti.

Ana (nai de Carmen) dijo...

Aurora, moitas grazas por estes anos de dedicación aos nosos nenos... Eles te queren tanto.... que nós, as nais e os pais, non podemos ser menos. Cando un neno ou unha nena falan dun mestre como falan de ti, ten que ser por algo. Por iso, de novo, GRAZAS con maiúscula e, sobre todo, moita sorte nesta nova etapa que é para gozar do tempo libre.... Telo merecido (a pesar de que deixes á boa de Mariví tan soa...).

Moitísimos bicos de Carmen e toda a nosa familia.

lucia dijo...

Gracias Aurora por enseñarnos tantísimo de música, sociales y valores .Siempre te lo agradeceré. 😙😙

Nerea y Antía dijo...

Grazas Aurora por todos estes anos!!!
Boitaremote moito en falta!!!
Nunca che olvidaremos!!!

Patricia y Ainara dijo...

Muchas gracias por todos estos años de enseñanza , por ser una gran profesora para mis hijas y para todos los niños y niñas que fueron tus alumnos durante todos estos años. Te deseo que tengas mucha suerte en esta nueva etapa. Un besazo esperamos verte pronto😙😙.

Luigiman11 dijo...

Que pena!!! que mala sorte!!! (carita triste) .º-º.
.|.

Luigiman11 dijo...

Que fixo ´Tomás na foto???

Dani Pereiro dijo...

Hola!! Xa chegou o luns e non sabes ben como te votamos de menos Aurora:'(. !espero que nos veñas a ver pronto! ;-)

Dani Pereiro dijo...

Hola!! Xa chegou o luns e non sabes ben como te botamos de menos Aurora:'(. !espero que nos veñas a ver pronto! ;-)

Ian dijo...

Grazas Aurora polas clases que nos diches

T. M dijo...

Auroriñaa!!
Bótote moito en falta, espero que veñas pronto a visitarnos!!
Quérote!!
Saúdos!!

Uxía dijo...

Por que non hai comentarios nos últimos posts???

Mario Aller dijo...

Uxía, creo que houbo algún problema no control do blog e desapareceron algúns comentarios... :-(