A primavera serviu sempre de inspiración para a poesía, como podes comprobar nestes fermosos haikus. Así que deberás ir ao enlace da nosa gramática poética para lembrar os diversos tipos de estrofas e poemas. Usa as túas propias ideas, por exemplo as palabras para Aurora, e constrúe os mellores versos para esta estación do ano. Se che resulta difícil ou as ideas non veñen, busca outro tema para as túas estrofas.
O espazo exterior, o Universo, está aí fóra. É inmenso, tan grande que non é doado de explicar. Hai estrelas, hai planetas e moitos obxectos astronómicos diferentes. Un fotógrafo, con centos de imaxes de Marte, elaborou un pequeno vídeo como se viaxara ata alí nunha nave espacial. Agora iso é imposible para os humanos, e non sabemos cando poderemos viaxar a ese planeta. Pero o seu vídeo semella unha poesía fotográfica. Talvez che sirva de inspiración para esta actividade…
8 comentarios:
Ai que levalos con debuxos??
En galego ou castela??
Mario hay que tener o traballo poético en borrador ou xa en limpo?
Xa... Digo o nome nun comentario ou na clase?☺
Uxía, a min gústame o teu nome de scratch eh!! É moi curisoso!!
El video es muy bonito.Que pena que no hayamos acabado los versos todos.
Gracias Tomás😂😂😂
A que sí Andrea!😊😊
Publicar un comentario