20/12/16

A avoa de Uxía

Con esta presentación de Uxía, podemos descubrir algo que sabe facer moi ben a súa avoa: a maneira tradicional de facer o pan. E por se non coñeces o seu sabor, quen proba os distintos tipos de pan feitos deste xeito, sempre queda marabillado.

As nosas felicitación para a avoa de Uxía. Por certo, en que aldea vive?

18/12/16

Aula investigadora (5)

Antes de rematar o primeiro trimestre, faltaba un post sobre a nosa aula investigadora, que será o número cinco. Como sempre, os temas foron variados: a leucemia, o alzheimer, Roald Dahl, os Beatles, a Costa da Morte, a praia da Lanzada, etc. E estes foron os investigadores: Diego (1), Estela (2), Candela (5), Álex (1), Asier (1), Mateo (1), Antía (2), Unai (5), Tomás (4), Uxía (6), Daniel Pena (1), Luis (3), Carmen (2), Ian (1), Saúl (2), Erika (1), Nerea (1), Andrea Vázquez (1), Lucas (2).

Como en xuño deixamos unha historia no caixón, agora servirá para o proxecto De Contomundi a Saidabad. Trátase do conto de Guillermo Tell, e así poderás investigar a cordilleira dos Alpes e un país chamado Suíza, entre outras posibilidades…

15/12/16

Rosalía de Castro

Naceu na madrugada do 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. Foi filla natural dun sacerdote chamado José Martínez Viejo e de María Teresa de la Cruz Castro y Abadía, unha señora de boa familia pero de escasos recursos económicos.

Por iso, ata cumprir os oito anos, Rosalía estivo baixo a custodia da súa tía paterna Teresa Martínez Viejo, na aldea de Castro de Ortoño. Cando foi muller, casou co escritor Manuel Murguía. Rosalía tamén escribiu poesías e novelas, e é considerada unha das máis grandes escritoras en lingua galega.

Morreu o 15 de xullo de 1885 aos corenta e cinco anos de idade en Padrón, na provincia da Coruña.

Se queres saber máis cousas, preme aquí para ver una presentación.

[Autores: Andrea Vázquez, Antía, Ana, Asier]

ESPECIAL: Como o Nadal xa está aquí, visita este post de Ítaca, Aula TIC para pasalo ben facendo cousas…

12/12/16

Contomundi, 1ª etapa

A que pode ser a última viaxe de Ismaíl está en marcha, pois iso é o que significa De Contomundi a Saidabad. Despois da historia Os dous irmáns, que apareceu no post anterior, exploraremos algúns dos contos de Galicia. De momento, o que tes que facer é o seguinte:

  1. En Somos LENDA VIVA escolle un dos quince contos que contén ese sitio. Busca un que che guste, porque será a túa historia.
  2. Cando o teñas ben lido, pide unha galaxia de palabras. É o que precisarás para facer a cartografía dese conto.
  3. Tamén deberás preparar un resumo. As boas historias merecen ser contadas, e ti deberás facelo…

6/12/16

De Contomundi a Saidabad

Hai xa varios anos, creo que foi no 2008, Ismaíl participou nunha aventura chamada Contomundi. Despois, esa palabra orixinou un blog que durante un tempo falou de contos e outras historias. Ademais, alí tamén foi explicada esa aventura, onde participaron os irmáns maiores de Ana e Candela.

Anos máis tarde, no 2013, apareceu outra palabra importante, Saidabad, a pequena aldea de Ismaíl. E eses dous nomes, Contomundi e Saidabad, forman parte da historia de Ismaíl neste colexio de Culleredo. Agora sabemos que desexa regresar a ese lugar que está tan afastado de aquí. Pero para poder realizar esa viaxe necesita a túa axuda e a túa forza.

De Contomundi a Saidabad será un proxecto de historias, e por iso tamén de lectura, escritura e aprendizaxe dixital. Mentres Ismaíl empeza o seu camiño de volta, ti descubrirás contos do mundo e o mundo dos contos: desde os libros, os ordenadores e as tabletas, desde a nosa aula e tamén desde a túa casa. O primeiro conto comeza en Galicia, na Costa da Morte (A Coruña), e titúlase Os dous irmáns. Os demais virán pouquiño a pouco, porque o máis valioso de calquera viaxe son as historias que se poden compartir…

29/11/16

Saúl e Pepe o mineiro

O noso taboleiro fantástico segue o seu camiño cheo de sorpresas. Agora é Saúl quen nos ofrece unha bonita historia creada coas palabras porquiño, deserto, pedras preciosas e confusión. Le e pásao ben con ela…

PEPE O MINEIRO

Un día, fai xa moito tempo, ía camiñando pola mina un porquiño chamado Pepe. Era un porquiño mineiro do país da maxia, e estaba buscando pedras preciosas na mina. Pero desgraciadamente non encontraba ningunha porque estaba case na superficie. Tivo que baixar moito ata que o seu pico rozou cunha rocha que non se parecía en nada ás outras…

[Preme para ler máis]

22/11/16

Por Roald Dahl

Xa temos os primeiros bocatas de lectura. Ao igual que o primeiro vídeo deste curso, están dedicados a Roald Dahl, o gran escritor. No ano do centenario do seu nacemento, é unha boa oportunidade para ler os seus libros. Tamén é unha ocasión para ver algunha das películas que realizaron con eles, como fixemos nós. Pero o importante é que a nosa listaxe de lectores e de lectoras cada día resulta máis longa… Parabéns!

21/11/16

Om Mani Padme Hum

A segunda presentación deste curso xa tardaba, pero Tomás salvounos dese problema con este traballo. Ademais, como está relacionado coa meditación e a tranquilidade pode ser unha boa axuda neste tempo no que andamos. Porque non hai aula que prospere sen participación, esforzo e colaboración…

17/11/16

O noso taboleiro

No proxecto que titulamos O Caldeiro Máxico chegaron primeiro as fórmulas marabillosas, as fórmulas que inician e rematan os contos populares. Despois apareceu o Taboleiro Fantástico, no que descubrimos a súa propia guía de uso. Nos dous casos, as historias viñeron con rapidez: orais, escritas, en papel, no blog de aula, individuais, en grupo e tamén en familia. Porque aprender unha lingua, a ler e a escribir, precisa do esforzo e a colaboración.

Agora, a nosa pequena fábrica de literatura xa ten o seu taboleiro, e que foi creado a partir de moitas aportacións e ideas. As mans de África botaron nunha mesa un dado de vinte caras, un icoságono, e estas son as primeiras palabras que trouxo o azar: porquiño, deserto, pedras preciosas e confusión.

Será este taboleiro unha máquina para crear historias? Que aventuras aínda están por explorar? A porta dos contos está aberta. Preme na imaxe, entra e imaxina…

14/11/16

Historias entre nais e fillas

Hai uns días, na Guía do Taboleiro Fantástico, a nai de Álex deixou unha idea. Loli, que así se chama, elixiu estas catro palabras para inventar unha historia: fada, aldea, libro e misterio. Entón, Carmen e a súa nai, Ana, aceptaron o desafío e comezaron a imaxinar…

UN MISTERIO

CON MANDALAS DE POR MEDIO

Nos habíamos portado tan bien durante la semana que Mario dijo: “Creo que os merecéis algo más que unas monedas de chocolate, así que os voy a dar una sorpresa y nos vamos a ir todos a pasar un día a Cabeza de Manzaneda”.

“Al pico más alto de Galicia”, dijo Uxía, que se había aprendido muy bien el último tema de Sociais…

[Preme para ler máis]

12/11/16

9/11/16

Bob Esponja

Es una serie de televisión de dibujos animados estadounidense, es decir, de Estados Unidos de América. Fue creada por el artista, animador y biólogo marino Stephen Hillenburg, y es producida por su compañia United Plankton Pictures.

Bob Esponja originalmente iba a llamarse SpongeBoy, pero el nombre ya se había usado para una fregona, y Hillenburg decidió utilizar el nombre de Bob Esponja.

El episodio piloto se estrenó en Nickelodeon en Estados Unidos el 1 de mayo de 1999. Alcanzó una enorme popularidad en el año 2000, durante su segunda temporada.

La idea de la creación de la serie surge tras el fallecimiento de su hermano Bob, que padecía Síndrome de Down. Murió ahogado mientras buscaba a su mejor amiga, una esponja amarilla. Por este motivo, Stephen decidió crear este personaje en honor de su hermano. El 40 por ciento (40 %) de los ingresos que tiene gracias a Bob Esponja es destinado a fundaciones que tratan a chicos y jóvenes con ese trastorno genético.

[Autores: Alejandra, Carla, Ian, Erika, Tomás]

6/11/16

Dani e o pitufo azul

Este Dani é o noso Daniel Pereiro. El tamén investigou pola súa conta e descubriu un novo conto de Ismaíl que estaba a piques de se perder. Así que despois de Carmen, de Tomás e de Uxía, temos a un outro contador de historias que se presenta de maneira voluntaria. Iso sempre será de agradecer: a participación, a colaboración e o esforzo persoal… Moitas grazas aos catro!

A historia de Dani titúlase O pitufo azul, e para poder lela deberás premer aquí.

27/10/16

Guía do Taboleiro Fantástico

Durante miles de anos, homes e mulleres de todas as terras e culturas encargáronse de tecer, con palabras e soños, os contos do mundo. E nós, con moita humildade, estamos xogando a inventar historias a partir do noso Caldeiro Máxico. Primeiro, coas fórmulas marabillosas; agora, cun taboleiro fantástico.

Imaxina que un conto non é máis que un taboleiro construído a partir de catro columnas básicas: personaxes, lugares, situacións e obxectos. Cada columna do taboleiro posúe un idéntico número de espazos baleiros. Imaxina que se enchen cun vocabulario especial, con palabras que pertencen ao mundo dos contos. Así é o taboleiro fantástico, un artefacto lingüístico para imaxinar historias.

Na escola falamos das matemáticas ou das ciencias naturais. Pero tamén hai unha faceta máis: a imaxinación e a creatividade. O desenvolvemento da creatividade lingüística é moi importante, porque, por exemplo, permite avanzar nas capacidades de dedución, abstracción e reflexión. Por iso, se escolles unha palabra de cada un dos catro grupos deste taboleiro, poderás construír un montón de historias. Só é necesario atopar os personaxes máis apropiados, os lugares máis especiais, e os obxectos e as situacións máis atractivas para inventalas…

25/10/16

Ismaíl no Samaín

A celebración dos 20 anos de Ismaíl en Galicia está sendo moi proveitosa. Seguen aparecendo novas historias, e cada unha coa súa propia marabilla. Primeiro foi Carmen con ¿Qué sería del blog de Ismaíl sin él?; despois chegou Tomás con A Biografía de Ismaíl; e agora é Uxía a que presenta outro conto. Anímate e déixate levar pola lectura…

Certo día de outubro, cando Mario aínda daba clases os nenos e nenas de 6ºB, Ismaíl foi invitado á festa de disfraces do Samaín da súa clase. Todos ían ir vestidos de trasnos, meigas, monstros, e ata había un grupo que ía ir vestido da Santa Compaña. Que divertido!!!!!

[Preme para ler máis]

23/10/16

Os aparellos dixestivo e respiratorio

O máis importante do primeiro tema de Ciencias Naturais aparece resumido neste post. Utilízao para aprender mellor.

20/10/16

Primeira biografía (non oficial) de Ismaíl

Creo que Carmen abriu unha nova vía para as investigacións de aula: a vida e as aventuras de Ismaíl. Agora foron Tomas e Luis os que se puxeron a descubrir, e por suposto que o conseguiron. Tomás presenta, por exemplo, a primeira biografía non oficial deste ser máxico. E Luis publica un debuxo incrible e descoñecido sobre a Guerra das Galaxias ou Star Wars…, onde tamén estaba Ismaíl! Por iso estamos un pouco abraiados.

Tomás escribiu:

Ismaíl é un gnomo de 2.618 anos que veu desde un lugar remoto da India chamado Saidabad. Esa aldea era un lugar máxico, porque toda persoa boa que pasaba por alí, convertíase nun gnomo máxico. Ismaíl naceu alí un 21 de setembro…

[Preme para ler máis]

Luis debuxou:

19/10/16

Pequenos xornalistas

Con este post ou entrada iniciamos un novo proxecto: Pequenos periodistas. Trátase de que no blog tamén escriban e colaboren eles, os nenos e nenas que o fan posible. Primeiro fixeron unha listaxe de posibles ideas para escribir como se foran novos periodistas; agora, traballando en grupo, empezamos a publicar…

CANDO CHEGA O OUTONO…

O outono é a estación entre o verán e o inverno.

No hemisferio norte comeza o 21 de setembro e acaba o 21 de decembro, aproximadamente. No hemisferio sur comeza o 21 de marzo e acaba o 21 de xuño. Nas árbores de folla caduca cambia a cor desas follas, ata que secan e caen.

No outono hai varias celebracións, por exemplo o Samaín e o Día de Todos os Santos. No noso colexio, no Samaín facemos un concurso de cabazas, e gañan as mellores. Tamén celebramos o Magosto, onde comemos moitas castañas.

O QUE MÁIS NOS GUSTA DO OUTONO é… saltar as moreas de follas!!!

[Autores: Carmen, Nerea, Luis, Daniel Pereiro]

17/10/16

As fórmulas da marabilla

Normalmente, os contos empezan cunha frase que serve para iniciar a historia. Son as fórmulas marabillosas ou da marabilla. Porque resulta marabilloso saber que unhas determinadas palabras fixan o camiño para comprender o que escoitamos ou lemos. Así, poderemos orientarnos mellor na estrutura do conto e sen perder o fío do que se conta.

Hai moitas fórmulas para empezar e rematar as historias, e nós, grazas ao Caldeiro Máxico, xa temos a nosa propia selección. En todo caso, aquel que imaxina un conto está no seu dereito de adaptar calquera fórmula marabillosa, sen importar o país ou a cultura de onde veña. Incluso é libre para inventar novas fórmulas a partir de libros, de películas, de cancións, etc.

Fórmulas de inicio: Era unha vez…; Había unha vez…; Nun lugar remoto…; Hai moito, no tempo dos soños…; No inverno, na época da lúa chea…; Nun tempo no que a Terra aínda era nova…; Certo día…; Hai moitos centos de anos…; Noutros tempos máis antigos…; Érase que se era…; Vivía unha vez…; Nos tempos de María Castaña…; Para saber e contar e contar para aprender…; Hai moito tempo, cando os animais aínda falaban…; Hai moitos anos, cando o mundo estaba formándose…; Había unha vez, nun vello país…; Hai moito tempo, cando as galiñas tiñan dentes…; Aínda que é difícil de crer, unha vez pasou…

Fórmulas de final: Foron felices, comeron moitas perdices e a min déronme coa porta nos narices. - E viviron felices moitos anos. - E colorín colorete, pola cheminea vai un foguete. - E viviron felices para sempre. - E viviron felices ata o final dos seus días. - Colorín colorado, este conto xa está acabado. - E así será para sempre. - Entón, o galo cantou e este conto rematou. - Acabouse o conto e levouno o vento…

15/10/16

Dylan chegou ao ceo dos Premios Nobel

O día antes de que ao artista americano Bob Dylan se lle concedese o Premio Nobel de Literatura 2016, falamos da súa música na aula. Que coincidencia! Díxenlles que é o único cantante que escoito desde sempre, desde que era un mozo, hai xa anos.

Iso sucedeu porque acababa de mostrarlles un libro ilustrado por Paul Rogers a partir dunha das cancións de Dylan: Forever young, ou Xove para sempre. Este vídeo non contén nin todo o libro ni a canción enteira, pero se premes aquí podes escoitala ben. Aproveitando a ocasión, falamos da música e os gustos musicais, e tamén da vida, claro…

Noraboa, Bob Dylan!

13/10/16

¿Qué sería del blog de Ismaíl sin él?

Hoy fue una buena mañana. Por fin, después de mucho tiempo, alguien de la clase descubrió una nueva historia de Ismaíl que aún no se conocía. Fue Carmen quien la contó, y creo que todos nos quedamos igual de sorprendidos. Ella la leyó en voz alta, y luego cada uno hizo su propia lectura individual. El encanto resultó completo, pues se trataba de un cuento muy bonito, que nos gustó y nos hizo sonreir mucho.

Esta es la historia… Ah, la imagen digital es una creación de Tomás.

Era festivo, y como Mario no tenía que ir a trabajar con sus niños de 6ºB (¡qué alivio, un día sin escuchar las risas de Tomás, de Álex y de Carmen!) abrió su blog. ¡Y se encontró un post que él no había escrito! Era de Ismaíl, qué raro…

“Hola Mario. Llevo ya 20 años contigo en la escuela, y siempre en Primaria. Creo que ya he aprendido lo suficiente para ir al instituto. Sé poner bien los acentos, los puntos y las mayúsculas; pinto y dibujo muy bien; y ya no tengo faltas en los dictados. Me sé de memoria todas tus fichas y hago los pentóminos con los ojos cerrados. Y me da igual las cifras que me pongas en las divisiones, porque me salen todas bien. ¡Así que me cambio a un blog de mayores! ¡Un beso muy fuerte para ti y para todos los niños!”…

[Pulsa para leer más]

6/10/16

Felicidades por todas as historias!

Como se dixo no anterior post, a aparición dos blogs educativos fixeron medrar o número de historias nas que Ismaíl era o protagonista. Xa é tan grande que resulta difícil saber cantas son agora mesmo. Talvez non teña importancia. O importante é que podemos celebrar os 20 anos da súa chegada cun fermoso debuxo… Grazas, Ana!

1/10/16

20 anos con Ismaíl

Como xa contei noutro post, este é o curso da celebración dos 20 anos de Ismaíl en Galicia. Así que hoxe quero lembrar como empezou todo, por se acaso Ismaíl decide un día regresar á súa terra. Se iso ocorre, creo que esta clase terá un encargo moi importante: gardar a súa memoria. Poderás facer esa tarefa?

  • No ano 1997, en Malpica de Bergantiños, unha boa porteira de fútbol que se chamaba Vanesa escribiu o conto O pobre Ismaíl. Ninguén coñecía esa historia, nin o mestre, e foi unha sorpresa incrible ese descubrimento.
  • Entre os anos 1998 e 2001, outros nenos e nenas adiviñaron máis historias novas. Por esa razón, a vida de Ismaíl empezou a ser coñecida e valorada en moitos sitios.
  • Durante os anos 2002 e 2004 seguiron aparecendo outras historias e máis misterios. Por exemplo, chegou a Internet e Ismaíl tivo a súa propia páxina web para estar nese mundo.
  • A partir do ano 2005, Ismaíl coñeceu o noso colexio, na Ría do Burgo (Culleredo), xa que con moita tristeza deixara o pobo de Malpica. As súas historias continuaron e a súa web seguiu medrando ata o ano 2008, máis ou menos.
  • E desde o ano 2009 ata a actualidade, todo cambiou coa aparición dos blogs. Como sabes, o seu, Escola de Ismaíl, xa vai pola súa quinta edición. Con eles aumentou o número de contos e de aventuras, pois agora son case interminables. Por iso, un sitio que se chama O dragón e o Caldeiro Máxico intenta recoller os feitos que os seus amigos e amigas descubren en forma de novas historias.
  • Por último, non esquezas o desafío que trae este post… Serás capaz de contarnos algunha historia de Ismaíl que aínda non estea descuberta?

27/9/16

Uxía e Roald Dahl

Agora que se cumpren os 100 anos do nacemento do gran escritor Roald Dahl, Uxía preséntanos algúns detalles da súa vida e dos seus libros. Seguro que a súa intención é que coñezas mellor a súa obra para que leas algún dos contos que temos na nosa aula… Anímate!

24/9/16

Cal é o libro de Roald Dahl que máis che gusta?

Esta suxerencia foi de Nerea, pero agora xa forma parte do noso blog. A idea, en forma de pregunta, é moi sinxela: queremos saber cal é o libro de Roald Dahl que máis che gusta. Debes telo lido, ou cando menos que esteas agora léndoo. Así, talvez a túa opinión faga que outros lean ese libro que a ti tanto che gustou.

Escribe un comentario, pon o título da obra e conta os motivos que hai para valoralo tan ben…

Preme para ver os debuxos de Quentin Blake para Roald Dahl.

Repito unhas palabras do último post: non esquezas o gran traballo La magia de Roald Dahl, das bibliotecas escolares de Aragón. Precisamos das túas ideas para seguir adiante co noso proxecto.

14/9/16

100 anos de Roald Dahl

Xa sabes que pasaron 100 anos desde o nacemento de Roald Dahl, o autor de Matilda e Charlie e a fábrica de chocolate, entre outras fermosas historias. Están chegando á nosa aula algúns dos seus libros, pero seguramente non haberá libros para todos. Así que haberá que buscar en Internet, onde aínda quedan tesouros. Por exemplo:

Non esquezas o gran traballo La magia de Roald Dahl, das bibliotecas escolares de Aragón. Precisamos das túas ideas para preparar o noso proxecto.

12/9/16

A volta ao cole

Hoxe o colexio encheuse coas voces que marcharan en xuño. Porque hoxe empezou o novo curso 2016-2017. Os nenos e nenas que participan neste blog de aula xa son os maiores do noso patio, e por iso hai moitos ollos que miran para eles.

Este curso novo traerá moitas novidades. O primeiro día de clase comentamos algunhas. Por exemplo:

  • O día 13 de setembro celébrase o centenario do nacemento de Roald Dahl, un dos grandes escritores da literatura infantil e xuvenil. E os seus libros piden ser lidos para que a súa memoria non se perda. Aquí podes saber máis cousas
  • Ademais, cúmprense 37 anos da publicación dun libro titulado A historia interminable. Foi escrita por Michael Ende, outro gran escritor. Talvez chegue a película dese libro á nosa aula…
  • E por último, xa pasaron 20 anos desde a aparición de Ismaíl nun colexio de Malpica de Bergantiños. Así que temos que celebrar que aínda estea connosco. Aseguran que, ao igual que vos, sabe que un día terá que marchar…

Uxía, unha das nosas exploradoras, enviou un bonito debuxo que lucirá moi ben nesta primeira entrada do curso.

30/6/16

Aberto por vacacións

Ismaíl sabe que o verán é moi, moi longo. Por iso hai que facer cousas para que non chegue o aburrimento. Por exemplo, aquí poderás repasar e lembrar o que aprendimos resolvendo no ordenador moitas actividades interactivas:

Aínda que xa ofrecimos as nosas recomendacións, tamén podes descargar e imprimir algúns cadernos para facer na casa:

22/6/16

O final do curso

Chegou o final do curso e a clase enteira brincou de alegría, como era de esperar. Talvez o único que se entristeceu un pouco fora Ismaíl. Porque sabe que os seus amigos medrarán para facerse os maiores do colexio, pero el xa o é. É aínda que os gnomos viven moitos anos, tamén haberá un final para a súa vida neste blog.

O último día estivo cheo de tartas e de biscoitos, de contadores de chistes, de bailes e de despedidas. Por iso, agradecemos moito o esforzo das familias e a valentía daqueles nenos e nenas que se apuntaron para ofrecernos actuacións inolvidables. Compartir é una palabra moi fermosa. E esta aula compartiu e colaborou sempre…

De parte de Ismaíl, que teñades un feliz verán e unhas boas vacacións.

Preme aquí para ver a fotografía máis grande.

14/6/16

Aula investigadora (4)

Estamos en xuño e esta Aula Investigadora pecha as súas portas coas últimas investigacións. De novo, os temas resultaron sorprendentes e moi interesantes. Por exemplo: o Día do Libro, Omega Centauri, as Olimpiadas, a raíña Nefertiti, a gran Barreira de Coral, o fútbol para cegos, o actor Burt Lancaster, a vida de Esopo, a Estatua da Liberdade, o explorador James Cook, a historia da Coruña, o dragón de Komodo, os dólmenes, María Pita, o mito de Atlas, o Seixo Branco, o esperanto

Aquí están os exploradores nesta última etapa e o número das súas investigacións: Ana (5), Luis (4), Uxía (6), Saúl (3), Candela (2), Dani Pereiro (2), Álex (2), Carmen (3), Tomás (3), Estela (11), Andrea Valeiro (3), Andrea Vázquez (5), Lucía (2), Diego (2), Antía (3), Carla (1), Lucas (1), Ian (1).

7/6/16

Linguas, Mates (14)

Xa queda pouco para acabar este curso! Como para os gnomos o paso do tempo resulta diferente, Ismaíl cre que non pasaron tantos días. Pero…

Lengua Castellana

Matemáticas

2/6/16

Máis versos de Manuel María

A nosa homenaxe ao poeta Manuel María remata con este vídeo. De novo, un grupiño e valentes recita algúns dos seus versos máis afamados. As súas voces non só veñen de Galicia. Hai tamén voces que chegaron da illa de Santo Domingo e de Venezuela, porque os valentes están en todas partes…

29/5/16

En Culleredo con Uxía

Despois de visitar con Lucía a cidade da Coruña, Uxía quere levarnos da man para que coñezamos mellor o Concello de Culleredo. É onde está o noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo, que tamén é a casa de Ismaíl. Pero non sabemos se sempre será así, pois aos gnomos encántalles viaxar…

24/5/16

Con Lucía na Coruña

Lucía preparouse para ser a nosa guía turística pola cidade da Coruña, e con esta bonita investigación podemos comprobalo. Queres acompañala nesta presentación para saber que cousas descubriu?

22/5/16

Versos de Manuel María

Xa hai máis valentes que se atreven a recitar para o mundo, ademais de Estela, Ana e Uxía. Así que como remate final da celebración do Día das Letras Galegas, presentamos este novo vídeo con moitos versos do poeta Manuel María…

18/5/16

Linguas, Mates (13)

Hai que empezar contidos novos e novos temas. Ademais, a Ismaíl encántalle o número 13 e o profe sabe a razón… Por que será?

Lengua Castellana

Matemáticas

Tamén: Os cambios da materia

14/5/16

O arco da vella

Despois do post dedicado a Manuel María, na clase houbo ganas de facer algo polo Día das Letras Galegas. Pero só Ana, Estela e Uxía foron as valentes que prepararon unha sorpresa para todos. Quixeron recitar o poema de Manuel María titulado O arco da vella, e aquí está. Os nosos parabéns para elas.

10/5/16

Ao redor de Manuel María

Cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Manuel María, o autor de Os soños na gaiola, entre outras obras. Como sabes, estamos a preparar unha actividade para a nosa aula con algúns dos poemas dese libro. Os versos serán escollidos por cada quen, pero desde aquí queremos ofrecerche a nosa axuda, porque non hai libros para todos… Ah, lembra que tamén confiamos nas túas propias investigacións:

5/5/16

Tomás e Richard Hughes

Por se non o sabes, Tomás é todo un experto no mundo dos blogs, ademais de bo amigo de Ismaíl. Se premes aquí, poderás ver as investigacións persoais nas que anda metido. Seguro que che sorprenderán tanto coma a nós…

30/4/16

Linguas, Mates, Naturais (12)

Queda pouco para rematar este curso. Pero creo que Ismaíl pensa que non pasaron tantos días. Para os gnomos, o paso do tempo resulta diferente…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

Preme aquí para ir a este sitio.

27/4/16

O noso tesouro

Noutro post xa falamos do noso tesouro e de Ismaíl, que realmente é a intelixencia que temos e que debemos desenvolver sempre. Pero calquera aula dun colexio tamén posúe a súa propia sabedoría. E Ismaíl sabe que esta clase nosa, solidaria e que sabe compartir, quere aprender para ser cada vez mellores, cada vez máis intelixentes. Por iso, as moedas de ouro máis impresionantes son as cousas que facemos ben…

O tesouro de Ismaíl on PhotoPeach

21/4/16

A Terra, un libro único

Durante o curso 2011-2012, e no blog Escola de Ismaíl 3, fixemos un vídeo para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. Ese traballo está no noso canal de YouTube, así que en realidade xa pertence a todos.

Mañá, 22 de abril, é o Día da Terra; e o 23 de abril moitos celebramos o Día do Libro. Debido ás cousas tan negativas que lle están a pasar ao noso planeta, creo que será unha boa idea lembrar ao mesmo tempo as dúas celebracións: os libros e a lectura, a Terra e o seu coidado.

Despois de ver este vídeo, deberás pensar un texto para dedicarllo ao teu planeta, que é único. E como descubrirás nas súas imaxes, ten en conta que outros nenos e nenas coma ti xa o fixeron antes, e que ti tamén podes, por suposto. Usa palabras emocionantes e escribe un comentario fermoso que poida ser lido polo mundo enteiro...

20/4/16

O heroe das mil caras

En todos os blogs de Ismaíl, e xa van cinco, hai moitas noticias sorprendentes que tratan de explicar a súa vida. Os enlaces están aquí e podes investigar iso con liberdade, se queres, claro. Como Tomás realizou un novo debuxo dixital, hoxe quixen lembrar un pouco todo o que se contou deste gnomo. Aquí tes a miña selección dun heroe que semella posuír mil caras:

19/4/16

Andrea Vázquez e o deporte galego

Desde a biblioteca do colexio chegounos unha tarefa especial: investigar sobre deportistas e deportes que estean relacionados coas Olimpiadas. Andrea Vázquez animouse moito e acordou explorar en Galicia sobre todo iso, e tamén sobre os deportes paralímpicos. Ademais, creo que atopou unha nova maneira de presentar os traballos no blog…

Preme aquí para ver a súa presentación.

18/4/16

Ismaíl y Miguel de Cervantes

Uxía descubrió que durante esta semana se celebra el 400 aniversario de la muerte de Miguel de Cervantes, uno de los más grandes escritores en lengua castellana. Además, el 23 de abril es el Día Internacional del Libro, y coincide con la fecha de la muerte de ese escritor universal, que sucedió en 1616. Y así fue como Uxía decidió reunir en la memoria a Ismaíl y a Cervantes…

Ahora que están ya juntos en el tiempo, podemos investigar y aprender con la ayuda de los dos… Porque... ¿quién fue Miguel de Cervantes?

17/4/16

Os primeiros bocadillos de lectura

Empezamos o proxecto que se chama Bocata porque hai moitas historias para imaxinar, e tamén porque hai moitas razóns para ler. Agora que xa temos os primeiros bocadillos de lectura, os nosos libros teñen que conseguir novos lectores e outras lectoras. Desa maneira, esas historias espallaranse por toda a aula e aínda máis lonxe.

Proxecto Bocata 2016 on PhotoPeach

16/4/16

Ismaíl e a Carapuchiña Vermella

Ismaíl está encantado coas sorpresas dixitais que ás veces recibe: por exemplo, de Luis, de Tomás e Dani Pereiro, de Uxía e de Antía. Agora, de novo é Luis que o sorprende outra vez cun debuxo dixital onde aparece xunto a unha das raíñas dos contos: a Carapuchiña Vermella. Creo que Ismaíl emocionouse por estar con esa artista tan famosa…

14/4/16

Álex e as flores

En Ciencias Naturais estamos a aprender moitas cousas sobre as plantas e a súa reprodución, e tamén das flores. Por iso, Álex elixiunas para facer a súa propia investigación persoal. Ademais, decidiu presentarnos o seu gran traballo…

13/4/16

Linguas, Mates (11)

Hai que seguir para adiante, e ti xa o sabes, porque o curso avanza pero aínda non rematou.

Lengua Castellana

Matemáticas

Ciencias Naturais

10/4/16

Luis e o Balón de Ouro

A nosa noraboa para Luis, que acaba de facer un descubrimento excepcional e quere compartilo con todos nós. Ao parecer, os encargados do asunto xa saben quen recibirá o próximo Balón de Ouro. Ese premio recoñece aos mellores xogadores das distintas ligas de fútbol. E este ano, debido á súa maxia, pretenden distinguir aos gnomos de Saidabad. Por iso, din que Ismaíl sera o novo gañador do premio. Non o podo crer…

5/4/16

Uxía e a pintura

Nesta clase hai grandes artistas, e Uxía é unha delas. Por exemplo, despois de ver unha actividade no Caderno 10 de Mates na que se falaba dalgúns grandes pintores da historia, empezou a explorar a súa vida. E esta presentación é o froito da súa incrible investigación…

4/4/16

A Ismaíl gústalle o verán

Tomás e Dani Pereiro pensaron que a Ismaíl debe gustarlle o verán e acertaron. Como todo o mundo sabe, el chegou desde o centro de Asia, onde hai desertos e moita calor, e por iso esa estación lémbralle aquelas terras. Así que Daniel P. e Tomás usaron o programa MyPaint para realizar este impresionante traballo dixital. Parabéns para os nosos artistas!

31/3/16

Linguas, Mates, Naturais (10)

Agardamos moito de cada un de vós, por exemplo, investigando no famoso espazo Abalar. Así fixeron Matías e Aitana hai dous cursos, pero agora están no instituto. Haberá alguén que poida explorar como eles? Entrementres, avanzan os días e os libros…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

14/3/16

Aula investigadora 3

Este é un novo post sobre unha clase moi investigadora. Como sempre, as investigacións nesta fase terceira foron moi diversas e interesantes. Por exemplo: o mago Merlín, Xosé Neira Vilas, a mitoloxía grega e romana, Hans Christian Andersen, o Big Bang, Rosalía de Castro, o esperanto, o paxaro Dodo, as nosas antípodas, Juan Luis Guerra, as calendas, Marica Campo, a Torre Eiffel, Paul Newman, a calzada dos xigantes… E tamén houbo moitas exploracións sobre o universo: o Sistema Solar, a hamburguesa de Gómez, a Gran Nube de Magallanes, a sopa cósmica, a nebulosa Cabeza de Cabalo, o planeta Eris, etc.

Seguro que queres saber o nome dos investigadores que tanto descubriron. Pois aquí están: Uxía (5), Ana (3), Ian (4), Andrea Vázquez (5), Elías (1), Carmen (5), Antía (1), Tomás (3), Saúl (5), Asier (4), Daniel Pereiro (3), Lucas (3), Unai (4), Andrea Valeiro (5), Candela (2), Diego (1), Érika (2).

10/3/16

Hai moitas razóns para ler

Como xa dixemos, hai moitas razóns para ler e moitas historias para imaxinar. Por iso apareceu a nova edición do Proxecto Bocata, e así encheremos a nosa aula de libros e de compañeiros de lecturas. Ademais, con el tentaremos que no expediente Fahrenheit, o monstro devorador de lectores aburridos resulte por fin vencido. Porque agora mesmo o certo é que xa ten algúns prisioneiros, que deberemos axudar e liberar…

Haberá valentes que se apunten para esa tarefa?

6/3/16

As sorpresas de Ana, Tomás e Daniel Pereiro

Ana, Tomás e Daniel Pereiro sorpréndennos outra vez con fermosas presentacións. Os temas son moi diversos: desde Rosalía de Castro ata o Sistema Solar, pasando por unha nebulosa que ten un nome estraño. En cada unha delas hai moito esforzo e moito traballo de investigación. Así que… NORABOA!

3/3/16

Linguas, Mates (9)

Hai que seguir adiante, e xa o sabes. Pero agora, despois das boas presentacións que están aparecendo, agardamos moito de ti. Investiga no espazo Abalar e ofrécenos recursos para este tema, ou para outros, claro…

Lengua Castellana

Matemáticas

Ciencias Naturais

PasaPalabra: Descubre los animales

26/2/16

A reprodución dos animais

A reprodución dos animais é o novo tema de Ciencias Naturais. Así que empezamos, que hai moito que aprender.

Actividade de investigación: Aquí tes un vídeo sobre a maior barreira de arrecifes que hai no mundo. Será o novo traballo CSI, pero antes deberás buscar o significado da palabra arrecife, e tamén onde se atopan os que ven neste documental. Así que atende ás indicacións que daremos. Mentres, pásao ben coas historias da película… Preme aquí!

23/2/16

Saúl e o embarazo

Agora é Saúl quen nos presenta o seu traballo, que está relacionado cun dos temas de Ciencias Naturais: A reprodución humana. Así que xa son tres os valentes que están a investigar utilizando dunha maneira especial os novos medios

21/2/16

O proxecto Bocata

Como xa dixen o venres pasado, preséntase unha nova edición dun proxecto moi querido por Ismaíl. Agardamos que coa súa axuda, Fahrenheit resulte vencido polo poder dos bocatas de lectura. Porque non debe haber ningún monstro que sexa capaz de apartarnos da marabilla dos libros.