Cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Manuel María, o autor de Os soños na gaiola, entre outras obras. Como sabes, estamos a preparar unha actividade para a nosa aula con algúns dos poemas dese libro. Os versos serán escollidos por cada quen, pero desde aquí queremos ofrecerche a nosa axuda, porque non hai libros para todos… Ah, lembra que tamén confiamos nas túas propias investigacións:
- Os poemas Galicia, O meu burriño, Xogos e O Sol, do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña).
- O poema O meu barco, do blog da biblioteca do CEIP Raquel Camacho (A Coruña).
- Os poemas O ourizo e outros versos liberados, da web da Real Academia Galega.
- Os poemas Labrego, Caracol, Campás, A roda-roda, A pita choca, A lúa, A fouce, A estrela sin nome, A boneca; do blog Sons de Turoquia. Ademais, algúns foron convertidos en cancións e podes escoitalos.
- Escolma de poemas, do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo).
- EXTRA: vídeo do CEIP Juan Fernández Latorre, onde nenos e neas coma ti recitan poemas de Manuel María.
17 comentarios:
Me encanta...Ojala pudieramos hacer uno parecido!!
Me encanta el video, podríamos hacer uno en clase!
Teneis razón!!
É verdade, tedes razón.
que ben está!!
Si en clase poderiamos facelo...
Molan todos os poemas de Manuel María.
Un blog muy interesante. Enhorabuena.
Grazas, Kicke, papá de Luis... As túas palabras animan a seguir. :-)
Grazas, Kicke, papá de Luis... As túas palabras animan a seguir. :-)
Que bonito o vídeo!!
Que bonito o blog¡¡¡ ;)
Matías, encantados pola túa visita e o teu comentario. Que todo che vais ben! :-)
Matías, encantados pola túa visita e o teu comentario. Que todo che vais ben! :-)
Encántame o video . Estes nenos recitan moi ben¡¡
Cantos poemas de manuel maria
Que ben recitan eses nenos!!
Publicar un comentario