27/10/16

Guía do Taboleiro Fantástico

Durante miles de anos, homes e mulleres de todas as terras e culturas encargáronse de tecer, con palabras e soños, os contos do mundo. E nós, con moita humildade, estamos xogando a inventar historias a partir do noso Caldeiro Máxico. Primeiro, coas fórmulas marabillosas; agora, cun taboleiro fantástico.

Imaxina que un conto non é máis que un taboleiro construído a partir de catro columnas básicas: personaxes, lugares, situacións e obxectos. Cada columna do taboleiro posúe un idéntico número de espazos baleiros. Imaxina que se enchen cun vocabulario especial, con palabras que pertencen ao mundo dos contos. Así é o taboleiro fantástico, un artefacto lingüístico para imaxinar historias.

Na escola falamos das matemáticas ou das ciencias naturais. Pero tamén hai unha faceta máis: a imaxinación e a creatividade. O desenvolvemento da creatividade lingüística é moi importante, porque, por exemplo, permite avanzar nas capacidades de dedución, abstracción e reflexión. Por iso, se escolles unha palabra de cada un dos catro grupos deste taboleiro, poderás construír un montón de historias. Só é necesario atopar os personaxes máis apropiados, os lugares máis especiais, e os obxectos e as situacións máis atractivas para inventalas…

24 comentarios:

Luigiman dijo...

Vou a intentar facer unha historia con isto.

Mario Aller dijo...

Unha actividade para todos... Preme na imaxe, observa e le con atención todas as palabras.
Despois, elixe unha de cada grupo coas que che gustaría imaxinar unha historia. Agora escribe nun comentario esas 4 palabras que escolliches.
Saúdos :-)

Uxía dijo...

Nena,lago,pota e sorpresa☺

lucia dijo...

Bruxas,prado,pelota,aventura

Luigiman dijo...

Dragóns, cemiterio, bomba e misterio.

Antía Martínez dijo...

Gnomo, ceminterio, espello, misterio

Carmen dijo...

Boneca, cemiterio, espello, soño

Tomás dijo...

Dragóns,cemiterio,espello e soño

Nerea dijo...

Elfos,castelo,bomba,aventura.

carla dijo...

Nena,aldea,espello e soño

Elias dijo...

Aventura,castelos,sonosy cemiterio por halloween

berta raposo dijo...

A dejar volar la imaginación... Ánimo chicos!

Maciu67 dijo...

Astronauta,espazo,Nintendo e aventura.

Alex Castro Neira dijo...

Serea,lago,barco e sorpresa

Mario Aller dijo...

Berta, grazas polo teu comentario. Tamén podes escoller 4 palabras dese taboleiro fantástico, se queres... :-)

Loli ( mamá de Álex Castro) dijo...

Como me gustan moitos os misterios, estás son as miñas palabras que poden crear unha estupenda historia de intriga e fantasía: fada, aldea, libro e misterio. Alguén se atreve a axudarme a creala?

Mario Aller dijo...

Loli, grazas polo teu comentario. A ver se alguén imaxina esa historia... :-)

Ana (nai de Carmen) dijo...

Nena, hotel, espello, medo

Mario Aller dijo...

Grazas, Ana, polo teu comentario... :-)

Luigiman dijo...

Moitas grazas, Ana!!!

Luigiman dijo...

CHISTE:

En la estación de Valencia, un tal llamado Godofredo fue a junto el jefe de la estación y le preguntó:
-Eh, pssst, ¿sabe usted donde está mi amigo Fernández?
-¿Pero usted no sabe la cantidad de Fernández que hay en Valencia?,¿Cómo pretende que los conozca a todos?
-No, si no e necesario que los conozca a todos, me basta con el que estoy buscando.

Lucas dijo...

lobo,hotel,nintendo,alegria

Nerea dijo...

Grazas a todas as nais que comentan.

Andrea Vázquez dijo...

Dragóns,castelo,pelota e perigo