Os nosos pequenos artistas seguen adiante, explorando a creación dixital mediante o programa chamado MyPaint. Xa sabedes que está nos ordenadores de Abalar, pero se queres investigar na túa casa podes descargalo se premes neste enlace. Así fixo Antía para realizar está bonita paisaxe montañosa… Por certo, onde estarán?
14/10/15
13/10/15
Os pequenos artistas
A verdade é que en setembro deberiamos ter rematado un proxecto que se chama Dinosaurios e mandalas. Mentres agardamos que todos acaben, algúns empezaron a crear no mundo dixital. Por iso, os pequenos artistas como Tomás usaron un programa chamado MyPaint. Está nos ordenadores de Abalar, pero se queres podes descargalo na túa casa se premes neste enlace…
9/10/15
Os xogos son para o outono
Hai pouco que rematou o verán e xa estamos no outono. A pesar de que os días empezan a ser máis curtos, hai tempo para os xogos. Por exemplo, neste post tes un montón deles, pero debes ser ti quen descubra o que tes que facer… Non teñas medo, atrévete, explora e xoga!
Xogos de memoria e estratexia
Xogos de aventura e deportes
- Ludos, Educación Física
- Mini Golf
- Asteroids
- ¡Desafío Snowboard!
6/10/15
Quen é Fahrenheit?
Nun mundo imaxinario chamado Fahrenheit 451 estaba prohibido ler, aínda que moita xente facíao ás escondidas. Iso aquí non pasa, é certo, pero necesitamos lectores que salven a moitos libros para que desa maneira non se perdan as súas historias. Por iso precisamos de xente coma ti. Só hai un requisito indispensable: debes ter un bo nivel lector. Se non é así, o monstro da lectura, Fahrenheit, tentará atraparche…
5/10/15
Linguas, Mates (2)
Seguimos, claro, porque aínda hai moitas tarefas por facer. Pero antes tes que explorar e investigar para responder sen erros…
Lengua Castellana
- Unidad 2: El valor de la verdad…
Matemáticas: Operaciones con números naturales
4/10/15
A porta dos contos
Despois de Penguin, El tesoro del arcoíris e Nico e Ismaíl, agora presentamos os dous últimos contos desta primeira fase do Caldeiro Máxico. Son estes:
- Óscar e a broma do seu pai, de Carmen Porto Rodríguez e Alejandra Castro Neira. Ademais, tiveron a colaboración de Daniel Pereiro e Tomás.
- El mapa del tesoro, de Ana García Barreiro. Contou coa participación de Estela, Unai, Diego e Nerea.
O Caldeiro Máxico, como xa explicamos, só é un artefacto para imaxinar e inventar historias. Está formado por diversos compoñentes ou ingredientes que irás coñecendo pouquiño a pouco. En realidade, o funcionamento deste caldeiro parécese ao dunha porta descoñecida: nunca se sabe o que haberá cando se abra. Por iso, temos ganas de descubrir que outras historias xurdirán ao abrir a porta dos contos do Caldeiro Máxico.
1/10/15
Nico e Ismaíl
Ás veces, o mesmo Ismaíl sorpréndese polas historias que recuperan para el os seus amigos. Como dixemos, moitas delas están no sitio chamado O dragón e o Caldeiro Máxico, pero aínda teñen que aparecer moitas máis que xa están preparadas.
Como Ismaíl non é novo, que ten moitos anos, non sempre lembra as historias que lle traen. Sabe que son súas, por suposto, porque así din os seus autores e así debe ser. E iso pasa coa historia tan fermosa descuberta por Uxía Montero Torreiro, que se titula Nico e Ismaíl. Trátase dun conto ben longo, no que colaboraron os seus compañeiros Lucas, Saúl, Ian e Andrea Vázquez. Esta é a historia:
En un lugar muy lejano, en un pueblo de nombre Ovar, vivía un granjero llamado Anselmo. Era muy tirano con todas las personas y los animales que lo rodeaban.
Tenía un burro llamado Nico. Al burro lo hacía trabajar tanto que todas las noches parecía que iba a ser su última noche. Llegaba tan cansado que ni ganas de comer tenía, solo quería acostarse para descansar y poder dormir. Estaba tan delgado que se le notaba todo el esqueleto…
[Ler máis]