Nesta clase hai grandes artistas, e Uxía é unha delas. Por exemplo, despois de ver unha actividade no Caderno 10 de Mates na que se falaba dalgúns grandes pintores da historia, empezou a explorar a súa vida. E esta presentación é o froito da súa incrible investigación…
Tomás e Dani Pereiro pensaron que a Ismaíl debe gustarlle o verán e acertaron. Como todo o mundo sabe, el chegou desde o centro de Asia, onde hai desertos e moita calor, e por iso esa estación lémbralle aquelas terras. Así que Daniel P. e Tomás usaron o programa MyPaint para realizar este impresionante traballo dixital. Parabéns para os nosos artistas!
Agardamos moito de cada un de vós, por exemplo, investigando no famoso espazo Abalar. Así fixeron Matías e Aitana hai dous cursos, pero agora están no instituto. Haberá alguén que poida explorar como eles? Entrementres, avanzan os días e os libros…
Seguro que queres saber o nome dos investigadores que tanto descubriron. Pois aquí están: Uxía (5), Ana (3), Ian (4), Andrea Vázquez (5), Elías (1), Carmen (5), Antía (1), Tomás (3), Saúl (5), Asier (4), Daniel Pereiro (3), Lucas (3), Unai (4), Andrea Valeiro (5), Candela (2), Diego (1), Érika (2).
Como xa dixemos, hai moitas razóns para ler e moitas historias para imaxinar. Por iso apareceu a nova edición do Proxecto Bocata, e así encheremos a nosa aula de libros e de compañeiros de lecturas. Ademais, con el tentaremos que no expediente Fahrenheit, o monstro devorador de lectores aburridos resulte por fin vencido. Porque agora mesmo o certo é que xa ten algúns prisioneiros, que deberemos axudar e liberar…
Ana, Tomás e Daniel Pereiro sorpréndennos outra vez con fermosas presentacións. Os temas son moi diversos: desde Rosalía de Castro ata o Sistema Solar, pasando por unha nebulosa que ten un nome estraño. En cada unha delas hai moito esforzo e moito traballo de investigación. Así que… NORABOA!
Hai que seguir adiante, e xa o sabes. Pero agora, despois das boas presentacións que están aparecendo, agardamos moito de ti. Investiga no espazo Abalar e ofrécenos recursos para este tema, ou para outros, claro…