No proxecto De Contomundi a Saidabad chegamos ás terras de América do Norte. Fomos ata alí coa historia A chegada de Corvo, un conto do pobo inuit que vive no país de Canadá. Por esa razón, Tomás decidiu investigar un pouco sobre esa nación e aquí está o que descubriu…
26/1/17
23/1/17
Outro poeta dos nosos
Ao igual que pasou con Luis, temos outro poeta dos nosos. Trátase de Tomás. Como el, usando os recursos da nosa Gramática da poesía, creou libremente un poema para Ismaíl… Noraboa!
22/1/17
Contomundi, 2ª etapa
Hai moitos anos Ismaíl chegou a Galicia desde a aldea de Saidabad, no centro de Asia. Agora, despois de tanto tempo, quere regresar alí para saber o que pasou e o que queda das súas orixes. Neste camiño de volta usamos o azar e a sorte, en forma dun dado de oito caras, para avanzar. Cada vez que se tira ese dado, como mínimo temos unha historia para coñecer y un lugar ao que ir.
- Os dous irmáns foi a historia dos inicios do proxecto, a partir de Malpica de Bergantiños e a Costa da Morte, en Galicia, en España. De paso, tamén rematamos o cómic de Guillermo Tell, que estaba pendente desde o pasado curso.
- Durante a primeira etapa, descubrimos e contamos máis contos populares galegos do libro Lenda Viva.
- E nesta segunda etapa, o azar enviounos ás terras de Canadá: A chegada de Corvo é un conto publicado en Nuestros cuentos favoritos del mundo entero. Trátase dun bonito e interesante libro, pois moitas historias boas están en libros fermosos.
Para rematar, un vídeo sobre a marabilla de contar historias nesta época de tecnoloxía e modernidade. Porque a pesar diso, as historias non poden desaparecer xamais…
18/1/17
Un poeta dos nosos
Luis xa utilizou os recursos da Gramática da poesía, e foi de maneira voluntaria. A pesar diso, elaborou un poema ben feito e moi interesante. Aquí está…
Érase una vez en clase
un ser llamado Ismaíl,
a un cordón logró atarse
para no caer por un raíl.
Nadie sabe cómo pasó,
quizás corrió y arrasó,
o tal vez iba despistadillo
viendo el móvil de su vecinillo.
No, no se lo había robado,
solo se lo tomó prestado;
y de mascota tiene un gato
que vio en la tele un asesinato.
Un día quedó con un amigo,
fue por la calle andando,
pero se olvidó el abrigo
y acabó acatarrado cenando.
Qué lástima por no ir al cole,
con todos sus amigos riendo,
y él sentado bajo un roble,
y cofres supermágicos abriendo...
17/1/17
Chega o Día da Paz
No mes de xaneiro celébrase o Día da Paz, e por iso no colexio e na nosa aula temos cousas que facer…
14/1/17
Gramática da poesía
Nesta gramática aprenderás cos versos e as estrofas, coas poesías e as cancións, cos abecedarios e as formas das letras. E tamén xogarás coas palabras e as súas imaxes, como os acrósticos e os caligramas. Pero a poesía necesita unha actitude diferente. Así que pecha un pouco os ollos e abre a porta da túa mente. Entra. Imaxina. Busca ideas e palabras especiais. Palabras coa súa propia forza: nomes, adxectivos, verbos…
O primeiro que tes que facer é ler e aprender, como xa estamos a realizar na clase. Aquí tes máis materiais para que entres na poesía:
- Hai que ler: Son de poetas; Tres poemas de Nicolás Guillén; Nos gusta la poesía; Poesías para leer y memorizar; Poesía para niños; Gloria Fuertes
- El lenguaje literario
- Axudas para facer versos (de Alquimistas de la Palabra)
- Rimador punto Net (en galego)
- Rimador punto Net (en castellano)
- Diccionario de rimas
10/1/17
A reprodución humana
Un tema moi importante, pois mediante a reprodución existe a vida neste mundo. E lembra que o curso segue e que aínda debes esforzarte…
- A reprodución
- As células sexuais
- O aparello reproductor feminino
- O aparello reproductor masculino
- A reprodución e o embarazo
- La función de reproducción
- La reproducción humana (presentación)
- La fecundación
- Busca nesta páxina do noso blog máis información sobre o tema.
- Traballos doutros cursos: A reprodución, por Clara e Gemma (Escola de Ismaíl 3, 2012).
