Este blog de aula, nas súas distintas versións, está presente en Internet desde o ano 2008, hai xa moito tempo. Pasaron ministros, conselleiros e algunhas leis educativas, do que parece que non queda moito, pero os alumnos e as alumnas que aquí xogaron e imaxinaron aínda seguen entre nós:
- no traballo escolar desenvolvido nos cinco blogs de Ismaíl;
- en todas as historias que contaron meses blogs, e que tamén residen no sitio O dragón e o caldeiro máxico;
- nos máis de 23.000 comentarios que deixaron mentres viviron no CEIP Isaac Díaz Pardo, o seu colexio.
Hoxe, nós acabamos de chegar aos 3.000 comentarios, que son moitísimos e ben o sabemos. Estamos felices e contentos por todo: polo esforzo e a participación dos nenos, pola colaboración das familias, por Ismaíl. Agora que moitos expertos falan da importancia das emocións na educación, el coñece iso desde hai anos, cando o descubriu en Malpica de Bergantiños, xunto ao mar de fóra...
