Unha vez, hai xa moitos anos, tomei prestadas unhas palabras do gran escritor Álvaro Cunqueiro. Estaban nun libro que aínda sigo a ler: Tesouros novos e vellos. Nunha das súas páxinas, ao falar dos contos e lendas de Galicia, o escritor dixo que talvez os seres máxicos non só garden tesouros escondidos. Pode que o tesouro que coiden sexa a nosa propia intelixencia, pois é a maior riqueza que posuímos como humanos e como mortais.
Por esa razón, creo que nesta fotografía non se ve realmente o tesouro que garda o noso Ismaíl. Pero é moi bonita…