O noso taboleiro fantástico segue o seu camiño cheo de sorpresas. Agora é Saúl quen nos ofrece unha bonita historia creada coas palabras porquiño, deserto, pedras preciosas e confusión. Le e pásao ben con ela…
PEPE O MINEIRO
Un día, fai xa moito tempo, ía camiñando pola mina un porquiño chamado Pepe. Era un porquiño mineiro do país da maxia, e estaba buscando pedras preciosas na mina. Pero desgraciadamente non encontraba ningunha porque estaba case na superficie. Tivo que baixar moito ata que o seu pico rozou cunha rocha que non se parecía en nada ás outras…