17/11/16

O noso taboleiro

No proxecto que titulamos O Caldeiro Máxico chegaron primeiro as fórmulas marabillosas, as fórmulas que inician e rematan os contos populares. Despois apareceu o Taboleiro Fantástico, no que descubrimos a súa propia guía de uso. Nos dous casos, as historias viñeron con rapidez: orais, escritas, en papel, no blog de aula, individuais, en grupo e tamén en familia. Porque aprender unha lingua, a ler e a escribir, precisa do esforzo e a colaboración.

Agora, a nosa pequena fábrica de literatura xa ten o seu taboleiro, e que foi creado a partir de moitas aportacións e ideas. As mans de África botaron nunha mesa un dado de vinte caras, un icoságono, e estas son as primeiras palabras que trouxo o azar: porquiño, deserto, pedras preciosas e confusión.

Será este taboleiro unha máquina para crear historias? Que aventuras aínda están por explorar? A porta dos contos está aberta. Preme na imaxe, entra e imaxina…

17 comentarios:

T. M dijo...

Haberá máis historias grazas a este taboleiro?

Luigiman dijo...

Si, Tomás, tes razón.

Lucas dijo...

Grazas a este taboleiro moitas historias vamos crear
e facendoas vamos a disfrutar.

Lucas dijo...

Mellórate Candela e feliz cumpreanos

Uxía dijo...

Haber cantas historias aperecen!!!😁😁

Mario Aller dijo...

Lucas, ben feito...!
Candela, a mellorarse pronto, que queremos que esteas aquí, con Ismaíl... :-)
Saúdos

Tomás dijo...

Felicidades Candela!!
Mellórate!!

Andrea Vázquez dijo...

Que bonito o taboleiro , cantas historias pódense facer .

Carmen dijo...

A ver can't as historians false con este taboleiro!!!

Lucas dijo...

que chulo está o taboleiro agora

Tomás dijo...

Bos días!!
Descubrín que coa aplicación quik podes facer vídeos e ao final de eses vídeos quitar quitar cando Pon GoPro|Quik.

Elias dijo...

Estoy deseoso de crar mi historia :D

ERIKA RIVERA dijo...

Que ben quedou o Taboleiro fantástico, gustoume moito

Luigiman11, (así chámome en SCRATCH) dijo...

Mola moito o novo taboleiro.

Mario Aller dijo...

Luis, tienes pendiente contar tu experiencia en Scratch...

Luigiman11 dijo...

Es verdad.XD

Andrea Vàzquez dijo...

E moi voa idea