Hai moitos anos Ismaíl chegou a Galicia desde a aldea de Saidabad, no centro de Asia. Agora, despois de tanto tempo, quere regresar alí para saber o que pasou e o que queda das súas orixes. Neste camiño de volta usamos o azar e a sorte, en forma dun dado de oito caras, para avanzar. Cada vez que se tira ese dado, como mínimo temos unha historia para coñecer y un lugar ao que ir.
- Os dous irmáns foi a historia dos inicios do proxecto, a partir de Malpica de Bergantiños e a Costa da Morte, en Galicia, en España. De paso, tamén rematamos o cómic de Guillermo Tell, que estaba pendente desde o pasado curso.
- Durante a primeira etapa, descubrimos e contamos máis contos populares galegos do libro Lenda Viva.
- E nesta segunda etapa, o azar enviounos ás terras de Canadá: A chegada de Corvo é un conto publicado en Nuestros cuentos favoritos del mundo entero. Trátase dun bonito e interesante libro, pois moitas historias boas están en libros fermosos.
Para rematar, un vídeo sobre a marabilla de contar historias nesta época de tecnoloxía e modernidade. Porque a pesar diso, as historias non poden desaparecer xamais…
10 comentarios:
me encantou o video¡
Elías, a min tamén... :-)
As historias fan que a vida sexa mellor.
Molan!!!
Me gustou moito o video!
Moi bonito o vídeo Mario!!☺☺��
Grazas polos comentarios. É un vídeo do que estou moi contento, creo que quedou ben...
:-)
Un video moi chulo
BEAUTIFUL VIDEO!!
Se o vídeo gusta, é que està ben feito. Tanta xente non pode estar confundida...
😊
Un video moi bonito
Publicar un comentario