3/2/17

O haiku na escola

O haiku é un pequeno poema creado pola literatura xaponesa. Está formado por tres versos: o primeiro, de cinco sílabas; o segundo, de sete; e o terceiro e último, de cinco sílabas outra vez. Así, con esa forma, cada haiku parece contar e describir con rapidez situacións, paisaxes, ou momentos da vida diaria.

Vexamos os primeiros haiku da nosa Aula de poesía

O meu gatiño
branco como a neve
é adorable.
(Carla)

Noite perfecta
co ceo estrelado,
moita beleza.
(Ana)

Números brancos,
amarelos e roxos
e pequeniños.
(Erika)

A paz e o amor
chegarán cando deixes
de pensar en ti.
(Lucía)

A miña vida
é unha fermosura,
vou pasalo ben.
(Álex)

Na miña casa
divertímonos moito
xogando todos.
(Luis)

Aquel golfiño
que surcaba as ondas
daquel mar azul.
(Uxía)

Gústame España,
que ten o mellor fútbol,
iso gústame.
(Diego)

14 comentarios:

Tomás dijo...

Que bonitos estes haikus!!👏👏
Noraboa!

Uxía dijo...

Gracias Tomás. Noraboa gústanme moito eses haikus!!☺😊

Mario Aller dijo...

A lectura de haikus é.moi emocionante. Din moitas cousas con poucas palabras...
Veña, poetas, hai que escribir máis.

Carmen dijo...

que haikus mais chulos!!Eu teño tres na libreta!!

Luigiman11 dijo...

De acordo, Mario.

María-mami Ana dijo...

Preciosos. Sempre me encantaron os haikus. Noraboa aos poetas.

Dani Pena dijo...

Los mejores haikus de España.

Andrea Vázquez dijo...

Gustoume o de Aléx.

Andrea Vázquez dijo...

Dani Pena niso estou dacordo.

Nerea dijo...

Los mejores haikus del mundo!!

Antía Martínez dijo...

Que ben saímos !!!

Tomás dijo...

Antía mellórate moito que fas moita falta!!! jejejej

Erika dijo...

Gustoume moito o de lucia

Loli Y Jose (mamá y papá de Álex) dijo...

Pequeña forma
Lirismo máximo
Menos es más