Aínda que no blog temos unha páxina que se titula Quen somos?, ás veces hai que repetir as cousas para que non se esquezan. Por iso, hoxe presentamos de novo aos verdadeiros protagonistas deste sitio. Sen eles, nada sería igual…
Aínda que no blog temos unha páxina que se titula Quen somos?, ás veces hai que repetir as cousas para que non se esquezan. Por iso, hoxe presentamos de novo aos verdadeiros protagonistas deste sitio. Sen eles, nada sería igual…
Un post único para un tema importante, pois todos nacimos algún día, hai xa moito tempo… :-)
A cartografía é unha ciencia que se encarga da elaboración dos mapas. Pero aquí usamos esa palabra para falar dos libros, e que poden servir para recoñecer e comprender a estrutura da maioría dos relatos. Así, nesta cartografía imaxinaria para despois de ler estarán os seguintes artefactos: as galaxias de palabras, as estrelas das historias e, por último, os mapas dos libros, que adoptarán formas e maneiras marabillosas…
Continuamos, por suposto. Aínda que antes tes que investigar para responder sen demasiados erros…
Lengua Castellana
Matemáticas: Las fracciones
Hai pouco que morreu o escritor galego Xosé Neira Vilas. O seu libro máis famoso titúlase Memorias dun neno labrego, que segue a ser moi lido tanto nas casas como nas escolas e institutos. Por iso xa leva milleiros de exemplares publicados, e incluso foi traducido a máis de trinta idiomas do mundo. Este escritor chegou a nós polo seu poema O piñeiro, que recitamos na clase...
Algúns dos libros dos que falamos na clase foron citados pola poeta Marica Campo. A Ismaíl serviulle para lembrar que, no mundo de todas as palabras e de todas as linguas, ler é unha festa. Por iso, nun bonito debuxo de Érika podemos escoitar as nosas voces cos versos da súa poesía…
|
Quero unha casa branca |
Escoitar os Cantares |
Como ben é sabido, as terras de Oriente parecen máxicas. Alí naceron as fermosas historias que se recollen no libro titulado As mil e unha noites, e o lugar de Saidabad atopábase por alá.
Uxía é a autora deste bonito debuxo dixital. Pregúntase se Ismaíl non será parente dos famosos Reis Magos de Oriente, pero eu non o creo. Eses reis son moi antigos e a súa maxia é realmente moi poderosa, sobre todo na noite do 5 ao 6 de xaneiro…
Que teñades moita sorte! Ese o desexo de Ismaíl.