Nesta gramática aprenderás cos versos e as estrofas, coas poesías e as cancións, cos abecedarios e as formas das letras. E tamén xogarás coas palabras e as súas imaxes, como os acrósticos e os caligramas. Pero a poesía necesita unha actitude diferente. Así que pecha un pouco os ollos e abre a porta da túa mente. Entra. Imaxina. Busca ideas e palabras especiais. Palabras coa súa propia forza: nomes, adxectivos, verbos…
O primeiro que tes que facer é ler e aprender, como xa estamos a realizar na clase. Aquí tes máis materiais para que entres na poesía:
- Hai que ler: Son de poetas; Tres poemas de Nicolás Guillén; Nos gusta la poesía; Poesías para leer y memorizar; Poesía para niños; Gloria Fuertes
- El lenguaje literario
- Axudas para facer versos (de Alquimistas de la Palabra)
- Rimador punto Net (en galego)
- Rimador punto Net (en castellano)
- Diccionario de rimas


