O poema O romance do capitán, de Antón Cortizas, foi aprendido e recitado na clase, porque a gramática tamén é poesía. Agora que xa escribimos pareados e tercetos, cuartetos e cuartetas, haikus e acrósticos, é un bo momento para lembrar aquela poesía. Diego fixo un debuxo moi fermoso con eses versos, e por iso terá que explicar na clase o que quixo contar…
22/2/17
16/2/17
Os versos do noso mundo
A nosa Aula de poesía non para, porque os versos nacen para encher o mundo de palabras sentidas. Empezamos con pareados e tercetos, con cuartetos e cuartetas, con haikus. E agora queremos aprender cos acrósticos e as coplas.
Debes premer neses enlaces para xogar coa linguaxe poética e crear os teus versos e poemas. Para facer os acrósticos, utiliza estes recursos:
Por último, non esquezas nunca que unha boa Gramática da poesía ten que usar sempre as mellores ideas. Así fixemos, por exemplo, para imaxinar e construír algúns fermosos haikus. Preme aquí para velos…
14/2/17
O noso colexio
Un novo traballo do proxecto Pequenos xornalistas, que esta vez trata algúns asuntos do noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo. Este traballo consta de tres partes:
- O artigo, que podes ler enteiro se premes aquí.
- Unha entrevista co director do centro, Julio Labandeira. Preme neste enlace para escoitala.
- A fotografía que está debaixo, onde están tres das autoras co director no seu despacho. Faltou Lucía, que ese día estaba enferma.
[Autoras: Uxía, Estela, Candela, Lucía]
6/2/17
Mannequin Challenge Roald Dahl
Un día chegou Unai e dixo que podiamos facer o reto do Mannequin Challenge, que xa empezaba a ter fama. Pareceume unha boa idea, sobre todo se ese reto estaba no noso proxecto de lectura ao redor de Roald Dahl. Así que agardamos un pouco, ata que rematase o centenario do nacemento do autor, e por fin levámolo a cabo.
Son tan bos actores, que non fixeron ningunha proba antes. Realizamos unha única gravación e aquí está o vídeo que o demostra. Por iso podemos dicir que o noso reto foi superado, despois de ler tantos libros e de marabillarnos coas historias de Roald Dahl.
3/2/17
O haiku na escola
O haiku é un pequeno poema creado pola literatura xaponesa. Está formado por tres versos: o primeiro, de cinco sílabas; o segundo, de sete; e o terceiro e último, de cinco sílabas outra vez. Así, con esa forma, cada haiku parece contar e describir con rapidez situacións, paisaxes, ou momentos da vida diaria.
Vexamos os primeiros haiku da nosa Aula de poesía…
|
O meu gatiño Noite perfecta Números brancos, A paz e o amor |
A miña vida Na miña casa Aquel golfiño Gústame España, |
31/1/17
Contomundi, 3ª etapa
Esta vez o noso dado da sorte quixo levarnos ao centro e ao sur de América, a Hispanoamérica. Por iso, as historias que descubriremos serán dúas: As Doncelas do Millo (México, en América Central); e O monstro silbador (Brasil, en América do Sur). Están publicados nun libro que xa coñeces: Nuestros cuentos favoritos del mundo entero.
Ademais, pouquiño a pouco haberá máis contos que poderás ler. Por exemplo, todos os que aparecen na obra Cuentos populares de Iberoamérica, da escritora Carmen Bravo-Villasante. E tamén saberás doutros en mapas como o que se presenta neste post. Preme aquí para velo máis grande.
29/1/17
Sempre Roald Dahl
Durante o pasado trimestre, os libros de Roald Dahl estiveron moi presentes na nosa aula. Celebramos así os 100 anos do nacemento do autor de Matilda, de Charlie e doutras medicinas marabillosas.
Fixemos unha listaxe de 15 títulos que podiamos conseguir e ler, con libros que se compartían libremente. Os datos rexistrados indican que logramos unhas 105 lecturas individuais, e resolven que cada neno e nena leu de media uns 4 libros desa relación. Noraboa, rapaces!
Onde queira que estea, creo que Roald Dahl botará un sorriso cómplice cando o saiba…


