Empezamos a experimentar cun xogo chamado Story Cubes. Está formado por 9 dados que conteñen 54 imaxes, que serven para crear millóns de historias. As instrucións son escasas, pero en realidade no se precisan porque o xogo é moi sinxelo: inventar un conto e despois contalo. Claro que nós tamén usamos as ideas do Caldeiro Máxico. Con eses dous elementos, os dados e o noso caldeiro, queremos facer visibles certas habilidades:
- Organizar unha historia breve cun inicio, un desenvolvemento e un final.
- Diferenciar os elementos importantes dos detalles máis secundarios.
- Improvisar un borrador de escritura para unha narración oral convincente.
- Memorizar, para non perderse, a historia e o seu contido.
- Contar e falar para grupos de diversos tamaños.
Os primeiros en probar as súas capacidades foron Ana, Daniel Pereiro, Carla e Asier, que en grupo inventaron unha historia titulada A variña máxica. Se premes aquí, poderás lela enteira…