Durante o mes de novembro do ano 2013 empezamos a falar de Saidabad. Daquela, a nai dun neno chamado Adrián Blanco fixera un descubrimento excepcional: na India existía un lugar que se chamaba así.
Como sabedes, a historia de Ismaíl é longa, e aínda non foi ben contada. Coñecimos algo dos seres diminutos, e nese momento atopamos a aldea de Saidabad, onde viviu o noso Ismaíl. Entón, chegaron á nosa aula varias investigacións sobre ese lugar, que foron moi interesantes.
A orixe da aldea de Ismaíl está en realidade nas terras de Afganistán, en Asia. E máis concretamente na provincia de Vardak, nun distrito que recibe o nome de Saidabad, como a súa propia aldea. Ao parecer, alí comezou todo. E agora, despois de todo isto, creo que podemos entrar no segundo capítulo desta historia: O espello de Nasrudín.
11 comentarios:
Lo siento, pero falta una semana para las vacaciones y no tenemos los 1000 comentarios. No hemos podido, es así... :-)
Ola Mario, ola Ismail. Parece que a festa será para despois do Nadal, pero non importa... porque pasaremos así con emoción o Nadal esperando a festa dos 1000 comentarios.
Os pais somos un pouco reacios a escribir comentarios. Tedes que ter paciencia con nós... Pero ainda sen comentarios, seguimos con interese o que ides contando. Graciñas por compartir con nós esta fantástica aventura
Non pasa nada,Nieves, pero que teñen moitas cousas que facer. E eles saben que o tempo é un monstro que devora todo. Por iso, hai que saber controlalo e atender ás nosas cousas, senón...
Saúdos :-)
Que bonita a historia.Que pena que non cheguemos a os 1000 antes do Nadal!Tiña moitas ganas de celebrar a festa.:-(..
Eu tamén tiña moitas gañas!
Ana, talvez faltou preparación para este xogo que funcionou durante 4 anos. Haberá que buscar outras ideas... Anímate!
Encántame a historia.
Perdón, o anónimo fun eu
Ola, chámome Manuel e son de Lugo.
Gústame moito este blog, paréceme unha moi boa iniciativa para os nenos este blog.
As historias, videos e demais son preciosos.
Gracias.
Uxía, Tomás, gracias de parte de Ismaíl... :-)
Manuel, grazas polo teu comentario e pola túa visita... :-)
Publicar un comentario