11/1/16

A casa das palabras

Algúns dos libros dos que falamos na clase foron citados pola poeta Marica Campo. A Ismaíl serviulle para lembrar que, no mundo de todas as palabras e de todas as linguas, ler é unha festa. Por iso, nun bonito debuxo de Érika podemos escoitar as nosas voces cos versos da súa poesía…

Quero unha casa branca
con mil xanelas
e debruzarme en todas
a ver a festa.
Quero esta casa branca
que son os libros
para vivir as cousas
que outros viviron.
Poderei ser Alicia,
cruzar o espello;
ir por todas os mares,
capitán Nemo.

Escoitar os Cantares
de Rosalía,
voar da Terra á Lúa,
volver no día.
A casa das palabras
ten mil xanelas,
cada xanela un conto,
ler é unha festa.

15 comentarios:

Uxía dijo...

Que ben quedaron as nosas voces!!!:-)

Isabel Glez. Rieiro dijo...

Que ben recitan estos nenos!!! Un saudo a Ismail.

Pilar - Nai de Uxía dijo...

Que fermosa poesía, e que ven recitada. Noraboa nen@.Saudos para todos incluidos Mario e Ismail.

Mario Aller dijo...

Saúdos para Isabel e Pilar... :-)

Mario Aller dijo...

Saúdos para Isabel e Pilar... :-)

Daniela Louzao dijo...

Noraboa polo ben que recitades estes versos. Saúdos para todos, para o profe e Ismail, que o pasedes ben. ;-p

Mario Aller dijo...

Daniela, alégrome moito de verte por aquí. Agradecemos a túa visita e o teu comentario. Ismaíl espera que todo che vaia moi ben... :-)
Unha aperta

Tomás dijo...

Fermosas poesías!

Ana García Barreiro dijo...

Que poesía máis fermosa!!!
E o debuxo de Érika e precioso. Noraboa!!! :)

Erika alexandre rivera otaño dijo...

Estaba muy lindo me encanto mucho todo lo que Mario pone en el blogspot

Erika rivera otaño dijo...

Que bueno de que Mario eligiera mi dibujo para ponerlo en el blog y esta muy bonito

Anónimo dijo...

encantame a poesia e tamen a novela

nerea dijo...

Que chulo o debuxo de Erika

nerea dijo...

Enorabuena Erika por tu dibujo

Yaris madre de erika dijo...

Que lindo esta el dibujo de mi hija