Hoxe o colexio encheuse coas voces que marcharan en xuño. Porque hoxe empezou o novo curso 2016-2017. Os nenos e nenas que participan neste blog de aula xa son os maiores do noso patio, e por iso hai moitos ollos que miran para eles.
Este curso novo traerá moitas novidades. O primeiro día de clase comentamos algunhas. Por exemplo:
- O día 13 de setembro celébrase o centenario do nacemento de Roald Dahl, un dos grandes escritores da literatura infantil e xuvenil. E os seus libros piden ser lidos para que a súa memoria non se perda. Aquí podes saber máis cousas…
- Ademais, cúmprense 37 anos da publicación dun libro titulado A historia interminable. Foi escrita por Michael Ende, outro gran escritor. Talvez chegue a película dese libro á nosa aula…
- E por último, xa pasaron 20 anos desde a aparición de Ismaíl nun colexio de Malpica de Bergantiños. Así que temos que celebrar que aínda estea connosco. Aseguran que, ao igual que vos, sabe que un día terá que marchar…
Uxía, unha das nosas exploradoras, enviou un bonito debuxo que lucirá moi ben nesta primeira entrada do curso.
14 comentarios:
O debuxo e moi bonito Uxia!!!
Gracias Nerea!!
Espero que tiverades un bo comezo de curso!
Grazas, Daniela.. E que tamén teñas ti un bo comezo de curso... :-)
Nerea ten razón
Daniela deseoche un bo comezo de curso. O noso foi moi bo.
Buenas noches a todos me voy a cenar.
Daniela eu tamén che desexo un bo comezo de curso☺☺
Grazas Uxía, Nerea e Mario jeje :)
Moi interesante este post e o debuxo e moi bonito!!
Gracias Tomás ;)
Moi bonito o debuxo Uxía!!
Gracias a todos polos vosos comentarios😊😊
bonito debuxo
Publicar un comentario