1/10/16

20 anos con Ismaíl

Como xa contei noutro post, este é o curso da celebración dos 20 anos de Ismaíl en Galicia. Así que hoxe quero lembrar como empezou todo, por se acaso Ismaíl decide un día regresar á súa terra. Se iso ocorre, creo que esta clase terá un encargo moi importante: gardar a súa memoria. Poderás facer esa tarefa?

  • No ano 1997, en Malpica de Bergantiños, unha boa porteira de fútbol que se chamaba Vanesa escribiu o conto O pobre Ismaíl. Ninguén coñecía esa historia, nin o mestre, e foi unha sorpresa incrible ese descubrimento.
  • Entre os anos 1998 e 2001, outros nenos e nenas adiviñaron máis historias novas. Por esa razón, a vida de Ismaíl empezou a ser coñecida e valorada en moitos sitios.
  • Durante os anos 2002 e 2004 seguiron aparecendo outras historias e máis misterios. Por exemplo, chegou a Internet e Ismaíl tivo a súa propia páxina web para estar nese mundo.
  • A partir do ano 2005, Ismaíl coñeceu o noso colexio, na Ría do Burgo (Culleredo), xa que con moita tristeza deixara o pobo de Malpica. As súas historias continuaron e a súa web seguiu medrando ata o ano 2008, máis ou menos.
  • E desde o ano 2009 ata a actualidade, todo cambiou coa aparición dos blogs. Como sabes, o seu, Escola de Ismaíl, xa vai pola súa quinta edición. Con eles aumentou o número de contos e de aventuras, pois agora son case interminables. Por iso, un sitio que se chama O dragón e o Caldeiro Máxico intenta recoller os feitos que os seus amigos e amigas descubren en forma de novas historias.
  • Por último, non esquezas o desafío que trae este post… Serás capaz de contarnos algunha historia de Ismaíl que aínda non estea descuberta?

6 comentarios:

Tomás dijo...

Moi interesante... Seremos capaces de descubrir algunha outra historia?

Nerea dijo...

Moi bo post. Eu todos os anos vou a Malpica de Bergantiños de vacacions no veran.

Uxía dijo...

Gústoume moito o vídeo!! Pero todos sabemos que algún día marchará 😢😢... para volver os seus orixes... en Saidabad 😢😢

Andrea Valeiro dijo...

El video es muy interesante

lucia dijo...

Que video vidio y post tan bonito!!!!!

Anónimo dijo...

me encanta ismail