Hai xa varios anos, creo que foi no 2008, Ismaíl participou nunha aventura chamada Contomundi. Despois, esa palabra orixinou un blog que durante un tempo falou de contos e outras historias. Ademais, alí tamén foi explicada esa aventura, onde participaron os irmáns maiores de Ana e Candela.
Anos máis tarde, no 2013, apareceu outra palabra importante, Saidabad, a pequena aldea de Ismaíl. E eses dous nomes, Contomundi e Saidabad, forman parte da historia de Ismaíl neste colexio de Culleredo. Agora sabemos que desexa regresar a ese lugar que está tan afastado de aquí. Pero para poder realizar esa viaxe necesita a túa axuda e a túa forza.
De Contomundi a Saidabad será un proxecto de historias, e por iso tamén de lectura, escritura e aprendizaxe dixital. Mentres Ismaíl empeza o seu camiño de volta, ti descubrirás contos do mundo e o mundo dos contos: desde os libros, os ordenadores e as tabletas, desde a nosa aula e tamén desde a túa casa. O primeiro conto comeza en Galicia, na Costa da Morte (A Coruña), e titúlase Os dous irmáns. Os demais virán pouquiño a pouco, porque o máis valioso de calquera viaxe son as historias que se poden compartir…
13 comentarios:
Este será o mellor proxecto en Escola de Ismaíl 5!!!!!!!
Lucas... :-)
Ola!!! Quen veu a peli de Doraemon?
Tes razón Lucas!!!!
Que proxecto tan orixinal, gústame moito!!☺☺
Moi boa idea a do proxecto De Contomundi a Saidabad.
Lucas, tes razón!! Este vai ser o mellor proxecto de Escola de Ismaíl 5!
Eu non vin a peli de Doraemon.
¿Como mantener a una persona distraída?
(Mira abajo)
¿Como mantener a una persona distraída?
(Mira arriba)
Scratch mola moito!!!!!!!!!!!!!
Lucas tes moita razon,este sera o mellor proxecto deste blog.
Que emperador foi antes de Xulio César?
Xuño César
gùstame moito eatw porxecto
Publicar un comentario