Este blog de aula, nas súas distintas versións, está presente en Internet desde o ano 2008, hai xa moito tempo. Pasaron ministros, conselleiros e algunhas leis educativas, do que parece que non queda moito, pero os alumnos e as alumnas que aquí xogaron e imaxinaron aínda seguen entre nós:
- no traballo escolar desenvolvido nos cinco blogs de Ismaíl;
- en todas as historias que contaron meses blogs, e que tamén residen no sitio O dragón e o caldeiro máxico;
- nos máis de 23.000 comentarios que deixaron mentres viviron no CEIP Isaac Díaz Pardo, o seu colexio.
Hoxe, nós acabamos de chegar aos 3.000 comentarios, que son moitísimos e ben o sabemos. Estamos felices e contentos por todo: polo esforzo e a participación dos nenos, pola colaboración das familias, por Ismaíl. Agora que moitos expertos falan da importancia das emocións na educación, el coñece iso desde hai anos, cando o descubriu en Malpica de Bergantiños, xunto ao mar de fóra...
21 comentarios:
que traballo máis agotador¡ :D
Noraboa polos 3000!!!!!
graciias, María!
que guay,3.000 cmentarios!!
Qué grandes! Noraboa amigos.Imos polos 4.000
Máis de 23.000 comentarios entre todos os blogs!!! Son moitísimos!!☺☺
Grazas, María e Suso, porque din que os comentarios son o alimento dos bogs... :-)
Parabéns por tantos comentarios!!! Canto traballo detrás!!!. Estupendo o poder compartir a través deles tantas experiencias, opinións e sabiduría.
Grazas, Loli, pola túa colaboración para todo isto sexa posible...
😊😊😊
Mario puxeches bogs en vez de blogs...
Parabens por tantos comentarios, e tanto traballo e esforzo que hai detrás.Ánimo nen@s a polos 4000 comentarios, así teredes outra festa máis. 😄😁
Uxía, sorry... :-)
Agradecemos esas palabras, Pilar, porque as palabras bonitas tamén axudan no camino... ;-)
Ola!!! Levo un montón de tempo sen entrar e me atopo agora cos 3.000 comentarios. Noraboa rapaces!!! Non sei se nos dará tempo, pero temos que chegar aos 5.000 antes de que acabedes o curso e marchedes para o instituto.
Bicos para todos e todas. Para as nais/pais e, sobre todo, para Mario.
Ola, son Lola, a irmá de Carmen. Tamén quero felicitarvos por chegar aos 3.000 comentarios. Se me toca a mi Mario de profe seguro que o paso tan ben como vós e imos conseguir moitos comentarios no blog.
Bicos.
Grazas a todas as nais que comentan.
As nosas grazas para Ana e a súa filla Lola... As dúas palabras son o noso ánimo para seguir con forza.
:-)
Cantos comentarios
Grazas Mario!
Moitas grazas Lola polo teu comentario.
Moitas grazas Lola .
Si, cantos comentarios!!!
Publicar un comentario