Normalmente, os contos empezan cunha frase que serve para iniciar a historia. Son as fórmulas marabillosas ou da marabilla. Porque resulta marabilloso saber que unhas determinadas palabras fixan o camiño para comprender o que escoitamos ou lemos. Así, poderemos orientarnos mellor na estrutura do conto e sen perder o fío do que se conta.
Hai moitas fórmulas para empezar e rematar as historias, e nós, grazas ao Caldeiro Máxico, xa temos a nosa propia selección. En todo caso, aquel que imaxina un conto está no seu dereito de adaptar calquera fórmula marabillosa, sen importar o país ou a cultura de onde veña. Incluso é libre para inventar novas fórmulas a partir de libros, de películas, de cancións, etc.
Fórmulas de inicio: Era unha vez…; Había unha vez…; Nun lugar remoto…; Hai moito, no tempo dos soños…; No inverno, na época da lúa chea…; Nun tempo no que a Terra aínda era nova…; Certo día…; Hai moitos centos de anos…; Noutros tempos máis antigos…; Érase que se era…; Vivía unha vez…; Nos tempos de María Castaña…; Para saber e contar e contar para aprender…; Hai moito tempo, cando os animais aínda falaban…; Hai moitos anos, cando o mundo estaba formándose…; Había unha vez, nun vello país…; Hai moito tempo, cando as galiñas tiñan dentes…; Aínda que é difícil de crer, unha vez pasou…
Fórmulas de final: Foron felices, comeron moitas perdices e a min déronme coa porta nos narices. - E viviron felices moitos anos. - E colorín colorete, pola cheminea vai un foguete. - E viviron felices para sempre. - E viviron felices ata o final dos seus días. - Colorín colorado, este conto xa está acabado. - E así será para sempre. - Entón, o galo cantou e este conto rematou. - Acabouse o conto e levouno o vento…
23 comentarios:
Efectivamente, toda maxia conta coa súa fórmula. E por suposto, tamén a maxia das historias. Por iso, se queremos que funcione a maxia, debemos aprender ben esas fórmulas, esas palabras máxicas...
Grazas, Mario, por ensinar aos nenos a escribir historias, a lelas, a contalas.
Saúdos
Nieves (nai de Tomás)
Grazas a ti, Nieves, por comentar, e tamén por esas palabras tan bonitas...
Saúdos
Fórmulas mágicas, hay algunas divertidísimas! Siempre aprendemos algo nuevo! 😄
Berta, gracias por tu comentario... :-)
Cantas fórmulas hai!!! Pódense facer moitiiisimas historias con esas fórmulas, por eso se chaman, fórmulas máxicas ou fórmulas da marabilla...
Certo día de Outubro, cando Mario aínda lles daba clase os nenos e nenas de 6ºB, Ismail foi a unha festa de disfraces de Samaín con todos os nenos/as de 6ºB, pero...
Ben, Uxía, por ser a primeira en iniciar unha historia... :-)
No tempo dos soños había un planeta ao reves da terra, nese planeta estaba a aula do ultimo curso de primaria. Nela vivia un gnomo chamado Mario e o profesor chamado Ismail,tamen había neos/as alguns nenos chamabanse Carmen Uxia e Nerea,e alguns nenas chamadas Lucas Ian e Mateo. Cando chegou o samain a ese mundo pasoulle esto:...
Bravo, Dani Pereiro! O que pasa é que as historias de Samaín ou Halloween son de medo... :-(
Certo día,na clase de 6ºB cando en Samaín no colexio Isaac Díaz Pardo se fixo o concurso de cabazas todos os nenos da clase habían feito unhas cabazas preciosas pero o día da entrega de premios...
Grazas todas as madres polos seus comentarios porque axudan a que este gran blog e os nenos que aparecen no mesmo podan ter ánimos para poder seguir adiante co blog.
Grazas,bicos e apertas
De Lucas.
Ben, Lucas, así se fala... :-)
Aunque es difícil de creer, una vez paso que un gnomo llamado Ismail era joven. Un día encontró a una persona llamada Mario. Con el se fue haciendo mayor y recorrieron juntos colegios asta que qué llegaron al Isaac Diaz Pardo. Pero cuando un día en 6B llego HALLOWEN...
Ainda que e dificil creer,un dia de samain fumos a clase e estaba todo tirado polo chan e...
Ben por Lucía e Carmen! Haberá alguén que descubra algunha destas historias? Veremos... :-)
No inverno, na época de lúa chea foron dous amigos moi amigos a cazar POKÉMONS e un
mago de hielo les dixo se querían ir a súa casa e...
Luis, hai moitos contacontos nesta clase... :-)
Si, xa o sei :-)
A partir de agora voume chamar no nome de comentarios Luigiman
Luis Ponte
Ainda que é dificil de crer, unha vez pasou... Ismaíl as 07:30 notou que se movía en un coche. Abriu os ollos e viu a alguén coñecido...😊
empiazan nuevas historias!!!que bien
Pues tienes razón Estela :-)
Hai moito tenmpo, nunlugar moi lonxano, había unha fábrica algo tenebrosa,nada en ela era normal, só funcionaba pola noite e polo día centos de paxaros reboloteaban ao seu redor e estaba situada no medio dun bosque ao que chamaban "O bosque oscuro"...
Publicar un comentario