O día antes de que ao artista americano Bob Dylan se lle concedese o Premio Nobel de Literatura 2016, falamos da súa música na aula. Que coincidencia! Díxenlles que é o único cantante que escoito desde sempre, desde que era un mozo, hai xa anos.
Iso sucedeu porque acababa de mostrarlles un libro ilustrado por Paul Rogers a partir dunha das cancións de Dylan: Forever young, ou Xove para sempre. Este vídeo non contén nin todo o libro ni a canción enteira, pero se premes aquí podes escoitala ben. Aproveitando a ocasión, falamos da música e os gustos musicais, e tamén da vida, claro…
Noraboa, Bob Dylan!
9 comentarios:
Que vídeo tan bonito!!😊😊
Que video tan bonito!!! Noraboa Bob Dylan
Uxía, Carmen, o título deste post está relacionado con outra das máis grandes cancións de Bob Dylan: Knockin' On Heaven's Door, ou Chamando ás portas do ceo...
:-)
Que bonita e a canción e o vídeo tamen.
Si, e verdade!!!
Que bonito o video e a canción ten ritmo.
Que bonito el vidio !!!!!
Encántame o vídeo, cada vez que o vexo enamórame máis desa canción😊😊
Ah, di o meu pai que foi a un concerto de Bob Dylan no ano 1993.
Publicar un comentario